lubian lubian
Lubián, O Teu Concello
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 
POESÍA GALEGA

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Lubian
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Sab May 15, 2010 2:10 am    Asunto: POESÍA GALEGA Responder citando

UXIO NOVONEYRA (1930)

FIANDEIRA NAMORADA

Fiandeira namorada
que fías detrás do lume
cos ollos postos nas chamas
roxiñas, brancas e azuis.

Cae neve, queda fora
riba dos leitos calada
mentres tí fías e soñas
cunha cousiña lonxada
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Chim Pa Napalla



Registrado: 16 May 2010
Mensajes: 3

Reputación: 3Reputación: 3Reputación: 3


MensajePublicado: Dom May 16, 2010 2:07 pm    Asunto: Responder citando

- Salvádeme ¡ouh, xueces! - berrei… ¡tolería!

De min se mofaron, vendeume a xustiza.

- Bon Dios, axudaime - berrei, berrei inda…

Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.

Entonces,cal loba doente ou ferida,

dun salto con rabia pillei a fouciña,

rondei paseniño… ¡ne as herbas sentían!

I a lúa escondíase, i a fera dormía

cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas

dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sen vida.

I ó lado, contenta, senteime das vítimas,

tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces… estonces cumpreuse a xustiza:

eu, neles; i as leises, na man que os ferira.


De A Xustiza pola man. Rosalía de Castro (En Cantares Galegos)
Wink
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Chim Pa Napalla



Registrado: 16 May 2010
Mensajes: 3

Reputación: 3Reputación: 3Reputación: 3


MensajePublicado: Lun May 17, 2010 10:43 pm    Asunto: Responder citando

Las casitas del Barrio Alto


Las casitas del Barrio Alto
con rejas y antejardin,
una preciosa entrada de autos
esperando un Peugeot.
Hay rosadas, verdecitas,
blanquitas y celestitas,
las casitas del Barrio Alto
todas hechas con resipol.
Y las gentes de las casitas
se sonrien y se visitan.
Van juntitos al supermarket
y todos tienen un televisor.
Hay dentistas, comerciantes,
latifundistas y traficantes,
abogados y rentistas.
Y todos visten policron,
juegan bridge, toman martini-dry.
Y los niños son rubiecitos
y con otros rubiecitos
van juntitos al colegio high.
Y el hijito de su papi
luego va a la universidad
comenzando su problematica
y la intringulis social.
Fuman pitillos en Austin mini,
juegan con bombas y con politicos,
asesina generales,
y es un gangster de la sedicion.
Y las gentes de las casitas
se sonrien y se visitan.
Van juntitos al supermarket
y todos tienen un televisor.
Hay rosadas, verdecitas,
blanquitas y celestitas,
las casitas del Barrio Alto,
todas hechas con resipol.


De Victor Jara.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Jue May 20, 2010 2:51 pm    Asunto: OLGA NOVO Responder citando

os líquidos íntimos

coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.
algunhas conservan estirados os nomes que gravei a navalladas
tódalas tardes ó volver da escola.
acostumada a tirar por un poema como por un becerro
cando se lle ven as patas,
cando xa non se está en idade de medrar
toda maduración require un desgarro de tendóns
entón é cando corren polo meu peito rabaños de cabras
que non se dirixen a ningunha parte,
sóbenme ás paredes desde as que te vexo,
arrancan coa lingua o pasto mentres te vas.
o tacto dos teus violíns faime chorar terriblemente.
e case non podo soportar que as túas mans me acariñen
como a la dos xerseis que me facía a miña nai cando era nena.
pero coa miña pel
coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.

Nós nus (1997)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mar May 25, 2010 12:20 pm    Asunto: Responder citando

"Belas irmás, subide
ás mais firmes rochas"
EDITH SÖDERGRAN

Camiñan descalzas polas rochas,
pantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia os restos do naufraxio.
As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanezan.
As mulleres de sal, con argazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben que o efémero permanece.

de Das últimas mareas (1994)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mar Jun 01, 2010 10:58 pm    Asunto: Responder citando

QUEIXUMES DOS PINOIS
Eduardo Pondal

Pilleina antr´os pinos soa,
alba de medo tornou;
quijo fugir, mais non pudo,
que sabe que peixe eu son.

Rogárame de rodillas,
de rodillas me rogou;
tembrou comoa vara verde
qu´estremece a virazón.

Cal quen teme ser oída,
dixo: "Pïdocho por Dios...¡

"Estás fresca -lle contesto-,
vente a min con oracións¡

Non solta nunca o raposo
a galiña que pillou,astra zugarlle o mel todo
non solta a fror o abellón,
nin a branca e doce pomba
larga o montesío azor"
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mie Jun 09, 2010 11:16 am    Asunto: Responder citando

Perdida na cidade,
só eu e a lua,
baixo a sombra Herculina,
paseo pola rua,
pensamentos perdidos,
na miña Coruña.

Doeme o corazón,
segues sendo meu amor,
non estas o meu caron,
eu estou en Riazor.

No peito un vacio...
Deixame ser “tua rula”,
quero darte un bico,
voltar preto tua.

Darei un pequeno saltiño,
e tirareime o mar,
ti estaras no “montiño”,
eu nadarei polo orzan.

Sentada nun peñasco,
volto pensar en ti,
esperarei un anaco,
a ver se volves por min.

ANONIMO
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mie Jun 16, 2010 12:41 am    Asunto: Responder citando

Este vaise y aquél vaise,
e todos, todos se van,
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tés, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non teñen pais.
E tés corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.

ROSALIA DE CASTRO
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Lun Sep 20, 2010 5:23 pm    Asunto: Responder citando

PILAR CIBREIRO

A MIÑA LINGUA

I

Falo coa miña lingua irada,
coa rabia da brétema nos ollos,
coas palabras-farrapos culpantes
de tanto ladroício, coas bágoas,
o ferro, o veneno, a auga turba,
a lama dos pozos sen peitoril nin dono,
a fereza dos cazadores doutrora
-os que amansaban falcós e miñatos-
coa fala dos saqueadores de eirexas,
a lingua maldita dos asasinos,
dos saltadores de camiños,
de tódolos bandoleiros sen perdón
e dos guerreiros mercenarios,
a fala muda dos pobres de pedir
e dos guerreiros mercenarios,
a fala muda dos pobres de pedir
e dos cás escorrestados da lareira.
Falo coa miña fala vagamunda,
cos berros das mulleres no parto,
coa voz de cada condenado deste mundo,
de cada exiliado da vida.


II

Falo a un tempo a fala doce dos amantes,
falo prós amantes máis que nada
e pra tódolos que, por causa do amor,
sofren e calan a súa desdita.
Falo a fala dos poetas que están mortos,
coas súas mellores palabras,
coa súa palabra esquencida falo,
coa voz amantiña dos irmaos benqueridos,
coa vella pregalla que levo escrita no sangue
desde hai tanto e que foi inocente un día.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
miguelbeneitez
Site Admin


Registrado: 26 Jul 2009
Mensajes: 127

Reputación: 828.7Reputación: 828.7Reputación: 828.7Reputación: 828.7
votos: 1


MensajePublicado: Jue Oct 21, 2010 7:08 pm    Asunto: Responder citando

Chim Pa Napalla, qué pasóu?
Vótasete en falta po-lo foro!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Enviar email
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Jue Oct 28, 2010 2:57 pm    Asunto: Responder citando

Lula Souto Méndez

Paga a pena facer soños do fastío,
confiar na sorte (de balde),
definirse ceibe, afacéndose as imprecisións,
aos adeuses, á heroicidade de supervivente
de nada.

Paga a pena atragoarse de esperanza,
da necesidade infinda de achegarse
a outro corpo, aínda que quede
o xesto abortado, unha man
acariñando o latexo dun estraño.

Non envellezas de aforrar sorrisos,
non esquezas nada.
Vivir é buscar a cura, finxir
que existe, ventar desenganos
e perfeccionar palabras.

Esfórzate en descoñecer datas e patrias
que tendan pontes á amargura.
Pero non esquezas, non,
as risas regaladas para os tempos difíciles,
as amoras manchando a boca.
Conserva a fe nas treboadas,
nos lóstregos que aboian na ialma.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Sirimiri



Registrado: 05 Ene 2010
Mensajes: 70

Reputación: 258.3
votos: 2


MensajePublicado: Jue Nov 18, 2010 8:31 pm    Asunto: Responder citando

Airiños, airiños aires,
airiños da miña terra,
airiños, airiños aires,
airiños, levaime a ela.

Sin ela vivir non podo,
non podo vivir contenta,
que donde quera que vaia,
crobeme unha sombra espesa.
crobeme unha espesa nuve,
tal preñada de tormentas,
tal de soidás preñada,
que a miña vida envenena.
Levaime, levaime airiños,
como unha folliña seca,
que seca tamén me puxo,
a callentura que queima,
¡ Ai ! si no me levas pronto,
airiños da miña terra;
si non me levas airiños,
quisáis xa non me conesan,
que a febre que de mín come,
vaime consumindo lenta,
e no meu corazonciño,
tamén traidora se ceiba.
Fun noutro tempo encarnada
como o color da cireixa;
son hoxe descolorida
como cirios das igrexas,
cal si unha meiga chichona
a miña sangre bebera.
Voume quedando muchiña,
como unha rosa que inverna,
voume sin forzas quedando,
voume quedando morena,
cal unha mouriña moura,
filla da moura ralea.

(ROSALIA DE CASTRO)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Sirimiri



Registrado: 05 Ene 2010
Mensajes: 70

Reputación: 258.3
votos: 2


MensajePublicado: Lun Nov 22, 2010 10:17 pm    Asunto: Responder citando

Por supuesto, que estos poemas no son de la calidad de los anteriormente escritos,pero siento como necesidad de plasmarlos en este foro de Lubián, ya que de ahí se trata.
El que se refiere a la Virgen de la Tuiza, le añadí una estrofa y hubo que acortar algún verso para poderlo cantar. La música fue cosa de Maruja. Ahora dice asi.

A la Virgen de la Tuiza.

¡ Oh! Virgen de la Tuiza,
Patrona de Alta Sanabría,
Eres la madre del Cielo,
Eres la estrella del Alba.

No importa la distancia,
Tus hijos aun estando lejos,
siempre a Ti recurrimos,
cuando en apuros nos vemos.

Mujeres y hombres todos,
Tú lo sabes te queremos,
no permitas ni un instante,
que de Ti nos olvidemos.

¡ Oh Virgen ! ¡Oh madre nuestra.!
¡ Que esbelta! ¡ Que guapa eres !
Es Tú belleza Divina,
un ejemplo de mujeres.

Los eólicos del Campo y Poulos,
energía eléctrica generan,
al Santuario iluminan,
también a los que te veneran

Hasta los montes te adoran,
Todos ellos están en flor,
con su colorido ensalzan,
Tú imagen y el Valle en su esplendor.

Vienen varios peregrinos
andando a visitarte.
llegan de pueblos cercanos,
con la ilusión de adorarte.

¡¡ Oh Virgen ! ¡ Oh Madre nuestra !
¡ Que esbelta! ¡ Que guapa eres !
Es Tú belleza Divina,
un ejemplo de mujeres.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Sirimiri



Registrado: 05 Ene 2010
Mensajes: 70

Reputación: 258.3
votos: 2


MensajePublicado: Lun Nov 22, 2010 10:47 pm    Asunto: Responder citando

Camiño da Tuiza ¡ Oh sorpresa!!
Era un vintecinco de abril,
no Carqueixal atopeime,
loba con tres lobiños, que saian do cubil,

Lle brillaba o pelo de seda
cuando o Sol lle pegaba,
deitadiños sobre a fraga,
a sua nai amamantaba.

Tan bonitos eles eran,
que hasta a raposa admiraba,
non lle importaba o peligro,
¡ Se quedaba embelesada!.

Seguin carreirón adiante,
paxariños volaban e chirrian,
os coellos tamen correteaban,
nerviosos, pensaban que os perseguian.

O pasar a ponte do Couto,
o rio, con suas aguas claras baixaban.
contemplaba desde a barandilla,
como as troitas nadaban.

No merendeiro da playa,
andan meniños xogando,
unhos fain futbol é birlo,
parte de eles observando.

En chegando a explanada,
(a do pé do Santuario)
meniñas collen panpintas,
mulleres rezan o rosario.

Repican as campaniñas,
os feligreses están chamando,
veise vir bastante xente,
po los camiños baixando.

Regresando de camiño a casa,
recreándome na campiña,
dou gracias a Dios del Cielo,
por nacer en esta terriña.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Sirimiri



Registrado: 05 Ene 2010
Mensajes: 70

Reputación: 258.3
votos: 2


MensajePublicado: Jue Ene 13, 2011 4:26 pm    Asunto: A castaña. Responder citando

Homes da nosa terra,
¿cómo nos trae a castaña..?
cando pensas, está segura,
¡ven un calquera e ta apaña.!

O redor dela todo ano,
limpiar, segar coa gadaña,
arar, podar, é inxertar,
¡ven un calquera e ta apaña.!

Chega o tempo da colheita,
anda o home desrriñonado,
veña castaña é máis castaña
terminas escarallado.

A muller tamén traballa,
ela sempre está presta,
eu non sei, en un plis plas,
enseguida enche a cesta.

Cando a solicita o Eloy,
máis o Portuques se amaña,
Xuran que eles as pagan ben,
si te descuidas, te engañan.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Sirimiri



Registrado: 05 Ene 2010
Mensajes: 70

Reputación: 258.3
votos: 2


MensajePublicado: Vie Ene 14, 2011 12:14 am    Asunto: Poesía Galega Responder citando

"Tanto e tanto nos odiamos,
tanto e tan mal nos quixemos,
que por non verme morriche,
e desque morriche alento.
Mais ora tocame a min,
tamén marchar e di o crego
que che perdone, pois logo,
a xuntarnos volveremos.
¡ O crego vovéuse tolo!
¡Xuntarnos...! Nunca máis penso;
que si estás onda Dios,
eu penso de ir xunto o demo"

Esto unha vella viuda,
e terca como un carneiro,
falaba do seu difunto,
xa dos bichocos comesto.
I en tanto que así falaba,
tamén ela iba morrendo.
Mas din que o difunto i ela
se atoparon nos infernos
man a man e codo a codo
como dous bos compañeiros.

¿ Conque estás aquí? - lle dixo
entonces a vella o vello;
pois voume donde está Dios,
xa que tí estas donde o demo.
E sin saberse por ónde;
colleu direitiña o ceo;
mais topou fechada a porta,
que lla fechara San Pedro.

(Rosalía de Castro)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mie Ene 19, 2011 6:12 pm    Asunto: Responder citando

Poemas de A teta sobre o sol,
OLGA NOVO

MEDITH MARÁ

mencer ata polas coxas
amosarche o sangue a pulso a borbotóns
que non me chegará ó río porque desemboco no mar.

ancestral polas areeiras
quente
neno coma se comeras astros
coma se falaras de música de birimbau segundo naces
volve rogarlle a un deus para que veña aroma torrencial
ó descubri-la imaxe inaugural do día
para que o tempo sexa propicio para fincarme o arado.

prometo material semente
para conquistar formas de cabalos
ata anegarche as pálpebras:

revelación das herbas
a tensión natural de ir contigo ó límite
coma un orgasmo a man entre o centeo.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Sirimiri



Registrado: 05 Ene 2010
Mensajes: 70

Reputación: 258.3
votos: 2


MensajePublicado: Dom Ene 23, 2011 7:06 pm    Asunto: Saudade. Responder citando

Escoitando o video de entrada no foro Lubián, me saliu esto.


Unha saudade me come,
eu morro por estar con ela,
está no meu pensamento
¿Cuándo podrei ir a vela.?

Os días se me fan largos,
as noites sempre a espera,
me a imaxino entrar na porta,
forte alegrón se viñera.

O meu pensamento voa,
cómo unha paloma viaxeira,
intento de o controlar,
non hai nada que o deteña.

¡Qué larga se fai a espera!
a soledad che aletarga,
tratas de liberarche de ela,
non hai nada, que che distraiga.

Recordar tempos pasados,
sempre parecen millores,
os que non se esquecen nunca,
son os primeiros amores.

A xuventud non é larga,
ainda a facemos máis corta,
ahora que che fáis maior,
xa non podes darlle a volta.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Sirimiri



Registrado: 05 Ene 2010
Mensajes: 70

Reputación: 258.3
votos: 2


MensajePublicado: Dom Ene 30, 2011 6:46 pm    Asunto: Responder citando

Gerardo Diego, 1940

A Rosalia.

Pajarillos, fuentes, flores,
_ Ahí va la loca _ decian,
ahí va la loca soñando,
la loca yo Rosalia.

Soñaba nueva Galicia,
en el cielo noroeste,
espello da terra nosa,
Finis coel¡.

Jardines de paraiso,
mi laurel ya se aclimata,
y un tordo siempre de luto,
se eterniza en la fermata.

También desde aqui se olle
crujir de angustia las hierbas,
y yo vuelo y soy la brisa,
que las peina y las consuela.

Que yo no he muerto, hermanos,
que la brisa que os breza
soy yo vuestra Rosalía,
falando lengua galega.

Toda la tarde jugando,
con cuatro ángeles, que risa,
toda la tarde jugando,
jugando a las cuatro esquinas.

Yo las puse nombre a todas
- ay trebol de dicha esbelta-
las llamaba Orense, Lugo,
- alala-
La Coruña y Pontevedra.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Sirimiri



Registrado: 05 Ene 2010
Mensajes: 70

Reputación: 258.3
votos: 2


MensajePublicado: Dom Mar 27, 2011 6:01 pm    Asunto: Responder citando

Festa da Tuiza.

Xa está presidindo a plaza,
o lobo temos a espreita,
a mociña que se durma,
atacarlle na verbena.
Ai que chove, que chove,
chove, que xa está chovendo,
non temos medo a mollarnos
nos cubren as estrelas do Ceo.
Cada dous con un paragüiñas
que ben se baila arrimado,
moves é moves o corpo
é non terminas cansado.
Hai bombas e cohetes fortes,
e non paran de estourar,
avisan os pueblos cercanos,
que veñan a festexar.
O mismo rompen as nieblas,
ven se poden comprobar,
cómo fuxen cheas de medo
marchan pra serra a regar.
Está amañecendo o día,
andamos tras da queimada,
¡ ben acompañados estamos !
toca As Portelas mui animada.
Xa repican as campanas,
que ben resoan ( e festa)
¿ por qué nos fan madrugar,
si son seis da mañá
ainda na plaza está a orquesta.?
Dareime unha volta na cama,
as campanas volverán a tocar,
hasta tres veces insisten,
pra misa vou despertar...
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Sirimiri



Registrado: 05 Ene 2010
Mensajes: 70

Reputación: 258.3
votos: 2


MensajePublicado: Mar Mar 29, 2011 12:20 pm    Asunto: Responder citando

Federico García Lorca 1935 ( Canción dedicada a Rosalía, morta)


¡ Érguete miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡ érguete miña amada,
porque o vento muxe como unha vaca!

Os arados van e vén
dende Santiago a Belén,
dende Belén a Santiago
un anxo ven en un barco.
Un barco de prata fina
que trai a dor a Galicía
Galicia deitada e queda
transida de tristes herbas,
herbas que cubren teu leito
e a negra fonte dos teus cabelos,
cabelos que van o mar
onde as nubes teñen seu nido pomba!

¡ Erguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡ Erguete, miña amada,
porque o vento muxe como unha vaca!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Sirimiri



Registrado: 05 Ene 2010
Mensajes: 70

Reputación: 258.3
votos: 2


MensajePublicado: Vie Abr 15, 2011 2:00 pm    Asunto: Es un balcón en el Cielo. Responder citando

Ante todo, gracias por vuestra paciencia " ya se está agotando el grifo."



Es un balcón en el Cielo,
que se llama Pedras Gralla,
vista panorámica única,
pintoresca donde las haya.

Todo el valle es majestuoso,
ríos que cantan, van tranquilos,
¡ cuanta belleza acumulan !
entre los pueblos vecinos...

Se divisan los séis pueblos,
por el Ayuntamiento unidos,
se ven como un mismo pueblo
en séis barrios esparcidos.

Al Este, está la montaña,
en donde el verde perdura,
los arroyos de agua claras,
de espejo sirve a la Luna.

También en esta montaña,
afloran varios manantiales,
crece la Ruda y Janciana,
son plantas medicinales.

¿Será la brisa del bosque?
Será la altura serrana...
¿Es el convivir con nuestra gente,
lo que a nosotros nos llama..?

Lubián, Padornelo, Hedroso,
Hedradas, Chanos, Aciberos,
¡ Vacaciones venid pronto !
queremos en breve, ir a veros.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Sirimiri



Registrado: 05 Ene 2010
Mensajes: 70

Reputación: 258.3
votos: 2


MensajePublicado: Lun Sep 26, 2011 7:11 pm    Asunto: Añoranza Responder citando

O distanciarme añoro
meu entorno cotidiano,
veinme a mente recuerdos
do meu pueblo tan lexano.

Mui bellas son estas playas,
mar azul Mediterráneo,
na miña retina perdura,
verdes montañas é prados.

Non ouvo falar Galego,
¡ Esto e todo tan distinto !
nas calles hai moita xente
van é veñen (laberinto.)

Hai rascacielos mui altos
cincuenta plantas algunhos,
¿ Será qué queren chegar
hasta a Luna con seus muros.

Quero volver o meu barrío,
sentir a fonte que mana,
a xuntanza entre amig@s
as noites na nova plaza.

¡ ooh que ben ruxe a cascada !
baixa auga sobre a fraga,
calor é viruxe fresquiño
fan boas noites de luada.

¡ Hasta pronto miña xente..!
hoxe os imaxino entre a palla,
e máis intenso o recuerdo
por ser o día da malla.

Saudos foreir@s.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Sirimiri



Registrado: 05 Ene 2010
Mensajes: 70

Reputación: 258.3
votos: 2


MensajePublicado: Mar Nov 29, 2011 1:09 am    Asunto: Tradición y cultura popular. Responder citando

Sanabria ( Por Manuel Sanromán)

Por toda la región gallega
por cualquier sitio que queiras
siempre se oye a los de Ourense
voceando de esta maneira.
Afilador e paragüeiro,
arreglo fuentes e platos,
compro caldeiras de cobre,
gomas vellas e farrapos.
E los que arreglan caldeiros
sartenes e porcelanas
tamén teñen la costumbre
de subir por las ventanas.
Miña mai tenía una filla
de unos veinte años e pico
no le deixaba echar novio
hasta que llegara un rico.
Ela bien lo merecia
que era una moza elgante
tenia una casa bien feita
y un buen lameiro por diante.
Como si fuera un castigo
o diablo que la tentou
que un paragüeiro de Ourense
con sencillez la engañou.
Pa poder estar con ela
subía por la ventana
y alá por la media noite
con ela estaba en la cama.
Al pouco tiempo a rapaza
sentíase mui maliña
y mismo fui a buscare
o médico da Gudiña.
Vino el doctor da Gudiña,
púxole a inyección do suero
y dixo o doctor que había,
principios de paragüeiro.
Miña mai y mi cuñada,
al saber lo acontecido
empezaron a chorare
era aquelo un alrido.
Mais eu las fui consolando,
o chorare e perder tempo
llamamos al paragüeiro
ficimos el casamiento.
Mais ahora el condenado
no se quiere sujetare
sale y dice a las vecinas
teneis algo que arreglare.?
Unas no le facen caso
y otras le van a buscar
y facen que tienen clavo
un clavo que remachar.
Dice a maestra de pueblo
que es una persona lista
que os millores industriales
veñen da terra da chispa.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Sirimiri



Registrado: 05 Ene 2010
Mensajes: 70

Reputación: 258.3
votos: 2


MensajePublicado: Jue Dic 15, 2011 7:49 pm    Asunto: Para los niños del Ayuntamiento de Lubián. Responder citando

¡O neno Jesús xa naceu!!
A Navidad foi chegando,
¿dónde poñer o Nacimento?
na Iglesia non hai tellado.
¿Sí no atrio baixo o teixo?
¿quizá na plaza de o lado?
si quedaría mui bonito
pero do vento, azotado.
O Neno frágil e pequeno,
coa humedad está helado,
María lle está dando o pecho,
San José o está arroupando.
E foi na casa do Padre
en un rincón, instalado,
donde o suelo estaba seco,
nin a neve había chegado.
¡Os pastores como veñen!
veñen todos ben cargados,
traen os zurróns repletos
de mantequilla é regalos.
Rosquillas feitas no forno,
requesón Fonte do Prado,
chegan a adorar a Jesús,
ainda esté o monte nevado.
Cantan varios villancicos,
son os nenos con anhelo
con panderetas é tambores,
van dando calor o Templo.
As calles semidesiertas,
moita luz hai nos fogares,
¡Que Paz reina nos veciños!!
é unha alegría a raudales...
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Sirimiri



Registrado: 05 Ene 2010
Mensajes: 70

Reputación: 258.3
votos: 2


MensajePublicado: Dom Ene 22, 2012 4:03 pm    Asunto: Nuestra Comunidad. Responder citando

Poesía en castellano. (José Luis Castrillo - Valladolid)

La soledad me hace pensar,
pensar en el amanecer,
la soledad me hace dudar,
dudar en el atardecer.

A la luz del alba
primero pienso en ti,
el viento en calma,
un susurrar suave a mi.

Es tu voz a lo lejano,
son tus caricias las que siento.
Quiero coger tú mano,
besarte y quedarme sin aliento.

La noche se vuelve triste,
otro día por recorrer,
ayer no viniste,
hoy tampoco te puedo ver.

Y mañana otra ilusión;
ilusión que se esfuma,
Tú, sigues siendo mi pasión
que me bañas con tu espuma.

Los dos dentro de una burbuja,
así yo quisiera estar.
Perenne estatua de la Cartuja,
contigo dormir y despertar.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Sirimiri



Registrado: 05 Ene 2010
Mensajes: 70

Reputación: 258.3
votos: 2


MensajePublicado: Mar Ene 24, 2012 2:56 pm    Asunto: Responder citando

Do mar pola oreia
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.

E vina tan sola
na noite sin fin,
¡ que inda recei pola pobre tola
eu, que non teño quen rece por mín!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta morreu...

Os osos son dela
que vades gardar.
¡Ai! dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai! dos que levan no bico un cantar.!

(M. Curros Enriquez)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Sirimiri



Registrado: 05 Ene 2010
Mensajes: 70

Reputación: 258.3
votos: 2


MensajePublicado: Mie Ene 25, 2012 4:18 pm    Asunto: Responder citando

Aclaración. A anterior poesía de M. Curros Enriquez que lle dedica a Rosalia.

hai un error, en lugar de oreía como escribí, (é orela - orilla.) Perdón.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Lubian Todas las horas son GMT + 3 Horas
Todas las horas son GMT + 3 Horas
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro


Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear foro | foros de Pueblo y comunidades | Hosting gratis | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo

Para vps para wordpress ssd en Desafiohosting.com