lubian lubian
Lubián, O Teu Concello
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 
COUSAS DE CASTELAO

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Lubian
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Jue Mar 04, 2010 5:59 pm    Asunto: COUSAS DE CASTELAO Responder citando

XA VAN MOITOS ANOS e inda hoxe teño remordementos.
Non había antroido que deixasen de vir á miña casa dúas máscaras con disfraces estravagantes. Sempre os dous xuntos, coas mesmas caretas, cos mesmos traxes, cos mesmos ditos. Eles sabían un secreto amoroso da miña mocedade e todolos anos viñan chantarmo na cara; coas mesmas palabras, coas mesmas carcajadas paletas.
As dúas máscaras chamaban á miña porta cada ano o domingo de antroido e a mesma hora. Eu rabiaba por descubrilos; pero xamáis logrein nin tan xiquera unha sospeita guiadora. Eles chamaban, entraban, bramaban o meu secreto, rían a cachón e logo fuxían deixándome irritado de coraxe.
Un ano convideinos con aguardente.... e púxenlles diante de sí unha garrafa chea de purgante Leroy. Os marafois cheiraron o aguardente, probárono con sospeita, fixeron algún chiste á miña conta, arrumbaron as gorxas e pouco a pouco foron enviando a garrafa enteira; de modo que a cada un cadroulle de tomar quince purgas, polo baixo. ¡van ben servidos os infelices!
O meu divertimento durou pouco. Ó pouco de se marcharen comenzaron os remordementos a rillar na miña conciencia. Eu era un criminal e un sudor frío de arrepentimento corríame polo corpo. Saín da miña casa á súa procura. Cacheei tabernas e bailes de tranca e as máscaras non apareceron; preguntei a moita xente e ninguén soupo darme razón deles. A mañanciña do luns colleume inda na rúa, todo sosegado, na súa procura.....
Xamáis volvín a velos diante de min. ¡xamáis! E quedoume un remordemento tremendo, porque.... ¿morrerían?
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
ALCALDE



Registrado: 25 Oct 2009
Mensajes: 7

Reputación: 23.2Reputación: 23.2


MensajePublicado: Lun Mar 08, 2010 7:58 pm    Asunto: Responder citando

Todo un luxo que Portospiño nos ensine un anaquiño das Cousas de Castelao.
Escribe máis, que este foro parece moi parado, e é todo noso.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mar Mar 09, 2010 1:01 pm    Asunto: Responder citando

ROMUALDO ERA UN HOME "FINO". Polas súas maneiras xeitosas conquistou reputación de home ben enseñado, aunque as súas cortesías co chapeu na man non tiñan certamente o cuño da fidalguía pura. A Romualdo, tan mixiriqueiro, tan fricoleiro, non lle pegaba ben un oficio de traballo, e despóis de chorarse moito logróu meter cabeza no xuzgado municipal, onde vivéu emborronando papel, ata o día da súa morte. Romualdo ademáis de escribente era un gran catador de viño, calidade que lle deixara o seu pai en herencia.
Non beber era como non escribir: moitos groliños de viño enciados de xeito melindroso, letriña miuda con rabiños enribirichados. Tan fino no xuzgado coma na taberna. Romualdo emborrachábase moitas veces; pero endexamáis esgallou as pernas. Canto máis viño levase a bordo máis cortesía facía.
Unha vez Romualdo pasóu a noite toda de parranda e no intre de chegar á súa casa topóuse cuns amigos. Era domingo.
-Anda, Romualdo, vente conosco, que imos xantar unha empanada.
-Ben; pero agardái un anaquiño que vou decirllo á miña muller.
E Romualdo entróu deseguida na súa casa. Os amigos sentiron un gran estrondo e dispóis unhas verbas adoecidas.¡Lacazán! ¡Borrachón! ¡Pelexo! A muller de Romualdo mallaba no home coma quen malla nun fol vello. ¡Plim, plam! ¡Plim, plam!
Romualdo aparecéu amañando a roupa, e con cara de ledicia finxida díxolle aos seus amigos:
-Imonos xa, que non está ninguén na casa.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mar Mar 09, 2010 9:31 pm    Asunto: Responder citando

A TODOLOS QUE ENTRAMOS NESTA PÁGINA NOS ENCANTARÍA QUE INDA CHO SEI E PAXAROLOS DE TODO TIPO QUE DEIXAN CONTOS NA PÁXINA DE PUEBLOS DE ESPAÑA, QUE TAMÉN DEIXASEN ALGUN DOS SEUS CONTOS NESTA. SON ENTRETENIDOS E GRACIOSOS E FARÍANA MOITO MÁIS ENTRETENIDA. A VER VOS ANIMAIS....¡
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Jue Mar 11, 2010 12:18 pm    Asunto: Responder citando

ERA UN BARBEIRO DE SÁBADO que amaba os libros que non entendía e gustaba de lélos todos enteiros.
Unha vez atopéino coa testa pousada nas mans, ao xeito dun pensador, e díxome:
-Estóu profundando.
E dende entón, para min, hai homes que profundan.

O tal barbeiro de sábado pasóu pola vida cos sentidos revirados cara a súa iñorancia, traballando a carón dun compañeiro que tiña os sentidos abertos ao mundo.
Ensimismabase arreo dentro de sí mesmo para profundar nos misterios da outra vida e sempre remataba queixándose:
-Non podo profundar máis porque non sei latín.
Un día pousóu os ollos no mar -endexamáis reparaba en cousas miudas- e despóis de ter profundado un bo retrinco de tempo deitóu na orella de seu compañeiro ista frase:
-O mar ¿sabes? O mar..... ¡é un fenómeno!
O pobre barberio de sábado asombraba a todos coa súa sabencia... Unha vez púxose serio, como un frade de pau, e aseguróulle ao seu compañeiro:
-Eu teño que morrer e teño que ser xuzgado, "pese que me pese", ¿sabes?
E deciao deletreando o de "pese que me pese".
As máis veces o barbeiro de sábado dubidaba despóis de profundar en cousas do outro mundo.

O pobre barbeiro de sábado morréu e puxérono nunha caixa de pino e o seu compañeiro foi a velo e botóu unha lágrima.
E unha muller, das que facían o choro, decía:
-¡Agora xa non profundas! ¡Agora non profundas porque xa o sabes todo¡
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Dom Mar 14, 2010 10:02 pm    Asunto: Responder citando

CHEGOU DAS AMERICAS UN HOME RICO e trouxo consigo un negriño cubano, coma quen trai unha mona, un papagaio, un fonógrago.... O home rico era así....
O negriño foi medrando na aldea, onde aprendeu a falar con destreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos abrouxadores.
Un día morréu o home rico e Panchito trocóu de amo para ganar o pan. Co tempo fíxose mozo feito e dreito.... tiña gracia dabondo para facerse querer por todos. Endomingado, con un cravel enriba da orella e unha flor de malva na chaqueta, parecía talmente un mozo das festas.
Unha noite de estrelas xurdiu no seu maxín a idea de saír polo mundo á cata de riquezas. Tamén Panchito sintéu, como todos os mozos da aldea, a necesidade de emigrar. E unha mañán de moita tristura subiu polas escaleiras dun trasatlántico.
Panchito ía camiño da Habana e os seus ollos mollados e brillantes esculcaban no mar as terras deixadas pola popa.
Nunha rúa da Habana Panchito tropezóu cun home da súa aldea e confesóulle saloucando.
-Ai, eu non me afago nesta terra de tanto sol; eu non me afago con esta xente. ¡Eu morro!
Panchito retgornóu á aldea. Chegou probe e endeble; pero trouxo moita fartura no corazón. Tamén trouxo un sombreiro de palla e máis un traxe a cuadros con pantalón de campana.....
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Carmen



Registrado: 09 Ago 2009
Mensajes: 30

Reputación: 68.9
votos: 1


MensajePublicado: Mar Mar 16, 2010 12:59 am    Asunto: Responder citando

Gustanme mutisimo os contos de Castelao.
Gracias por polos Portoespiño
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mie Mar 17, 2010 12:18 am    Asunto: Responder citando

MANTER UN ANIMAL PARA COMELO non está ben, aínda que troquemos a súa carne na nosa propia carne; pero manter con agarimo un animal para levalo despóis á feira, paréceme unha mostra da ruindade humán.
¡Un día de feira! Diñeiro, xuramentos falsos, meter burro por cabalo, comidas con pimento, pan reseco, viño cativo, tabernas acuguladas.... A alegría bulliciosa das feiras é tan mentireira como son as carantoñas do antroido, pos debaixo da ledicia hai tristura nos que venden e medo nos que mercan. O día de feira todos van de raposos e ninguén leva o corazón no peito, porque todos coidan que a xente de ben perde diñeiro nos tratos.
O chorar dos cabritos, que xemen coma fidalguiños esmirriados, pode ferir o peito dun home endeble; o noxento lamento dos porcos, que berran por cualquera cousa, entra nos nosos ouvidos e desfái toda compasión. Pola rúa van pasando, no remate da feira, os regueiros da dor animal; pero nas feiras hai algo máis.
Os homes dandan ao seu e non reparan na outra dor, na dor humán que sinten os animais de Deus. As coitadas vacas adoecidas que chaman polos fillos, os coitados becerros que van ao matadeiro chamando polas nais....

Eu quero que todos sepan iste conto:
Unha vez había dous bois que xa eran moi velliños e que traballaran xuntos toda a súa vida. O amo vendéunos para matar e tiveron que separarse para sempre.... E din que no intre da despedida díxole un ao outro:
-Adéus, meu compañeiro, e deica a feira de Soutomaor.
(Na feira de Soutomaor había mercado de coiros)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Lun Mar 22, 2010 3:32 pm    Asunto: Responder citando

O VELLO SARAMAGUIÑO PASÓU a vida cacheando tesouros. Coa paciencia dun xogador de lotería o vello Saramaguiño rexistraba o campo da feira, despóis da feira, e o campo da romería, despóis da festa. ¡Cántos valados escudriñou en procura da ola de onzas agochadas! Ai, o pobre Saramaguiño morréu sin atopar o tesouro ansiado, e nos derradeiros días da súa vida baixábase para apañar do chan as cousas redondas ou brilantes en que batían os seus ollos pitañosos.
O Saramaguiño foi un home de boa fe e na saquitela dos pecados non levóu máis que mentiras, unhas mentiras grandes coma contos de nenos.
- Unha vez -contaba- chegóu a escoadra inglesa e velahí me vou eu pola noite a cachear o areal, porque cando hai escoadra na ría o mar cuspe cousas boas. Ja, ja, ja. E vaise e unha vez no devalo da marea quedóu na veiramar unha caixa moi longa. E vaise e fun eu e cangueina ao lombo. Ja, ja, ja. A condenada pesaba tanto que me derrangaba de todo; pero eu saquéi forzas de non sei ónde e logréi chegar con ela diante da miña porta. Ja, ja, ja. E vaise e chaméi pola miña muller: ¡ Abre Xon, que traigo un tesouro! ¡Abre deseguida, muller, que xa somos ricos! Ja, ja, ja. Eu xemía con todos os folgos ollando a caixa que gardaba tanto ben cobizado, e cando baixóu a miña Xon collemos a caixa e metémola na casa. Ja, ja, ja. Mintiría si non dixese que foi o intre máis feliz da miña vida. E vaise e despóis abrimos a caixa e como atopar atopamos.....¿sabedes o qué?, pois.... un inglés morto. Ja, ja, ja.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Jue Mar 25, 2010 4:57 pm    Asunto: Responder citando

SEMELLANTE A UN FRADE DE MADEIRA mal pintada; tiña un nariz bermello, de antroido, e unha calva esvaída, de difunto reseso, e non sabía un por ónde tomalo para moufarse da súa mezquindad. Enganoso coma os sinos, que repenican con tolería de festa e logo tanxen a morto. Tan amigo de beberes que sendo pequeno foise ao augardente dun feto, que era tío seu, e deixóuno sequiño de todo. Para ganares a vida chegóu a oulear como un can no tempo das uvas.
Pero certo día topóuse cunha muller nun camiño de romería. A muller ía de promesa, cun faroliño na man. Faloúlle, namorouna, e casaron deseguida.
Ela é unha muller que gana diñeiro nos mercados, como regateira de roupa vella. El fíxose borracho de solemnidade. E os dous xuntos son a risa do pobo nos domingos e días de gardar.
Compre decirvos que tiveron un fillo tan forte de corpo e de alma, tan desemellante dos seus pais, que parecía un neno roubado. O neno medróu e fíxose home de proveito e largóu para fora.
O pai anda decindo:
-Non volve porque como a nai é así.....
E a nai anda decindo:
-Non volve porque como o pai é así.....
Pero eu sei que non volve porque aínda non é dabondo rico para matar as risas dos que se moufan dos seus pais; que con diñeiro pódese chegar a Excelentísimo señor, según xa ten pasado e aínda pasará.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Vie Abr 02, 2010 1:00 pm    Asunto: Responder citando

AMIGO MEU:

Eu era cismador e razonador a quen a morte gadaña axexaba cos dentes arregañados. No intre de pechar os ollos para me durmir, un dediño de óso, ou máis ben de marfil, petaba liviano na miña testa e o medo facía explosión en min. Todalas noites.

Eu morríame do corazón e os médicos non me decían a verdade, porque quuizáis o meu mal non tiña cura. Visitéi un e outro e outro máis, e todos me dixeron o mesmo: NON TEN NADA. Mais eu sentía o meu corazón debaterse na súa gaiola, coma un paxaro entolecido e somentes cando eu ficaba quediño, sen bulir nin chisco, durmía o paxaro do meu peito.

No intre en que os médicos me decían NON TEN NADA eu sempre avistéi nos seus ollos a pintiña escentilante da mentira e da burla, e un día agotóuseme a miña pacencia e cuspinlle na cara ao especialista....

Dende entón eu vivo no MANICOMIO.

Fai pouco tempo entróu nesta CASA un médico eminente, que anque está tolo conserva enteira a súa sabencia, e conslutéime con el. O meu compañeiro examinoume ben e de remate díxome sin chisco de mentira nos ollos:

TI NON TES NADA NO CORAZÓN; TI ESTÁS TOLO E NADA MÁIS.

Agora eu xa sei que teño sano o meu corazón, porque os médicos tolos non minten nin se burlan dos enfermos. Pero.... teño unha dúbida que me arrepía.

O meu compañeiro dixo que eu estóu tolo, e agora compre que ti, que andas solto, consultes o meu caso cun avogado e que che diga si un médico tolo ten dereito a saber de tolerías.

Moitas apertas do teu amigo.

Xenaro.

P.D. Contéstame axiña porque quero saber si estóu tolo ou non
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Vie May 14, 2010 11:02 am    Asunto: Responder citando

DOÑA FLORINDA CASOUSE con Fungueiriño e viviu lúa tras lúa en espera dun fillo que non chegóu. Queixándose da súa cativa sorte doña Florinda pasaba as horas mortas na solaina, escoitando o chouqueleo triste das pitas poñeroras no corral. Fungueiriño era xogador e morréu do corazón, deixándolle a pobre fidalga os desexos mutilados de acariñar un fillo.
O luto sentáballe ben a doña Florinda e a carne brancas dos seus brazos chamóu polas olladas roubadas de don Roque. A boa fidalga soupo despertares un amor serio no peito do solteirón e logróu casares de segundas. E despóis de casada remaneceulle de novo o desexo de ser nai, a aínda viviu, lúa tras lúa, en espera dun fillo que non chegóu. Don Roque foise do mundo e doña Florinda quedóuse soia, diante dos seus desexos mutilados.
Pasaron moitos anos. Agora doña Florinda é unha velliña chuchada polo tempo; tan velliña e tan esmirriada que xa parece una reliquia. Agora, no remate da súa vida, ¡quén o diría! doña Florinda vei cumpridos os seus desexos. A chocheira fíxolle creer que ten un fillo e calquera día quédase morta de ledicia, da ledicia de ser nai.
A boa fidalga ándalle decindo a todos:
-¿Non sabedes? Naceume un fillo.
E todos se botan a rir porque as xentes xa non saben emocionarse.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mie May 19, 2010 11:12 pm    Asunto: Responder citando

DOUS VELLOS QUE TAMÉN tiveron mocedade, que se coñeceron nun baile, que logo se casaron por amor e viviron amándose totalmente. Dous vellos, sempre xuntos e sempre calados, que viven escoitando o rechouchío dun xílgaro engaiolado. Sen fillos e sen amistades. Soios.
Antonte leváronlle o viático ao vello e onte morréu. A compañeira dos seus días vistéuno, afeitóuno e púxolle as mans na cruz.
Hoxe entraron catro homes e sacaronn a caixa longa onde vai o morto. A vella saíu á porta da casa e coa voz amorosa dos días de mocedade despidéuse do seu compañeiro:
-¡Deica logo, Eleuterio!
E os veciños que acudiran ao amortorio tapáronse as bocas e riron cos ventres. A despedida da vella foi rolando e chegóu ao casino e o "deica logo Eleuterio" xa se convirtéu en motivo de risa.
Todos, todos, se riron e ninguén se decata con qué delor a vella namorada chamará pola morte nesta noite de inverno.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Jue May 27, 2010 9:22 pm    Asunto: Responder citando

O ALQUILADOR NON TEN máis ben que un faco, unha albarda e unha corte, e ninguén adeviña cómo pode manter ó faco. Cando reparo na besta do alquilador, na pobre besta de todos, lémbrome dunha gaviota desplumada. Aquel animaliño, a piques de dexenerar en burro, trenquelea pola veira dos camiños, arrente das silveiras, e quen faga un viaxe, cabaleiro en tal besta ferrada, seguirá despóis a pé o resto da súa vida.
Na pobre besta do alquilador asubía o vento.
Cando algún cabalo forasteiro cai de pousada na corte do alquilador, o que nada pode dar porque nada ten, pregunta con moito aquel de pousadeiro abastecido:
-¿Qué queres que che bote, cabalo? ¿Bótoche trebo, alcacén, serradela... ou qué?.
O alquilador non é mesmanente un ladrón, pero pelisca no alleo.
Unha noite de luar velahí o alquilador armado de fouce e de cesta en dereitura do cimeterio. E chegando diante do valado guindóu coa cesta dentro e púxose a gabear pola parede arriba. Nesto ouvíu que a cesta caía no camiño....O alquilador sintéu desexos de se botar a correr; pero contívose polo amor do faco que agardaba na corte. Armóuse de carraxe e collendo a cesta guindouna de novo dentro do cimeterio....Non pasara nadiña de tempo cando ollóu que a cesta volvía polo aire e caía outra volta no camiño.
Cesta dentro, cesta afora, así a lúa percorréu dúas brazadas de ceo.
O alquilador nun intre de arriscamento trabóu a fouce nos dentes e gabeóu polas pedras arriba disposto a encararse co morto que lle tiraba a cesta. Cando se puxo a cabalo do valado os seus ollos toparon coa cara risoña do seu compadre Furrica que tamén apañaba herba no cimeterio porque tamén era alquilador.
E os dous compadres ceibaron unha gargallada.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mar Jun 01, 2010 2:32 pm    Asunto: Responder citando

TODOS CANTOS SABÍAN ALGO da historia da vila en que eu nacín, xa reposan debaixo dos terróns. A señora Sinforosa era unha velliña que tódolos días pasaba o mar, porque era mandadeira de oficio, como xa fora súa nai e a súa avoa e quizáis tódalas súas devanceiras, desde que os da banda de acá tiveron comercio cos da banda de alá. Era honrada ou parecía selo, pois vivía do seu crédito de muller de ben. Engaioleira e faladora con todos, tiña sempre, para a xente fidalga, un carabel na súa boca arrugada. A señora Sinforosa sabía tódalas traxedias do mar naquela travesía.
Nos días de tempo ruín, cando funga o vento nas cordas e as espumas barren as cubertas do barco, a señora Sinforosa metíase en sí e rezaba pola súa ánima.
Nos días mainos a señora Sinforosa rezaba polos afogados. O barco ía andando cara a banda de alá e a mandadeira ía rezando sempre.
-Un padrenuestriño polo Xan de Codeso que morréu afogado un día da Candelaria.
-Unha salve por doña Rosa Faxardo que se botóu a afogar na punta da Falcoeira.
-Un padrenuestriño, unha salve e unha avemaría polas fillas do Belurico que morreron da volta do mercado.
-Unha salve por Ramón Collazo que o levóu un cóngaro e nunca máis parecéu.
Así seguía rezando, rezando sempre, por todos cantos morreron naquel camiño do mar. A vella mandadeira gardaba na memoria os nomes dos afogados e as datas das traxedias.
Un día reparéi que a señora Sinforosa rezóu por un rapaciño que morréu en Tronco, e preguntéille:
-¿Quén foi o rapaciño que morréu en Tronco, señora Sinforosa?
E ela respondéume:
-Non o sei, meu amantiño; ise afogado non é do meu tempo, pois xa rezaba por il a difunta de miña avoa, que no Ceo esté.
A señora Sinforosa morréu xa, e de tantas traxedias non quedan máis que tres ou catro cruces de madeira espetadas nas pedras da veiramar. A vella mandadeira levóu ó Máis Alá a historia de tódolos afogados da vila en que eu nacín.
Unha vez que eu atraveséi o mar, sentín dentro do meu peito o valeiro de tanto esquecimento e en nome de tódolos afogados preguéi:
-Un padrenuestriño pola ánima da señora Sinforosa.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Lun Jun 07, 2010 12:55 pm    Asunto: Responder citando

INDA ERA EU MÉDICO rural e subía por un camiño da serra. As casas estaban lonxe, os alboredos tamén e por alí non había máis que toxos e pedraguzos.
No curuto avistéi a figura dunha muller que me chamaba coa man, e o Nicolás, que camiñaba de par do meu cabalo contóume:
-¡Malpocadiña! Chámanlle a tola do monte. Era unha rapaza ben asisada e bonita coma un sol e din que foi unha meiga quen a enfeitizóu e despóis de perder o xuicio tívolle un fillo e contan que foi do demo...
Por riba da tola do monte voaba un milano.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Sab Jun 12, 2010 11:47 am    Asunto: Responder citando

INDA ESTÁ NO AREAL a osamenta do barco, como unha espiña de peixe xigante cuspida polo mar.
Cando non había tanto progreso os nenos enredaban con barquiños de cortiza, afacéndose a seren mariñeiriños e cando chegaban a vellos enredaban cun barco verdadeiro, para non decatarse da súa inutilidade.
Os doce vellos máis vellos da vila tiñan sempre un barco e un aparello para enredar. Alcumábanse "apóstolos" porque nos Oficios de Semana Santa laváballes os pés o señor abade.
Nos días mornos de sol largaban o aparello. Eu non digo que collesen peixe para vender; mais algunhas veces pescaban unha caldeirada e entón enchíanse de fachenda.
As xentes aventurábanse a pronosticar o bo tempo con iste dito: "mañán pode ir ao mar o aparello dos apóstolos". E non había nada que magoase máis aos pobres vellos no seu corazón.
Daba xenio velos camiñar en ringleira levando o aparello ao lombo.
Cando se lles lembraba a súa probeza con calquera ben, agradecíano con dinidade:
- Tanto ben como nos fas que che fagan a ti cando chegues a vello.
Todos tiñamos reparo en pousar un chusco de boroa nas súas mans, como se fai á xente terrestre que prega nas portas. A limosna é boa para os que están afeitos a recibila; un mariñeiro que chega a pobre por chegar a vello, morrería de vergonza cando sentise no lombo o peso das folicas limosneiras.
O progreso trouxo riquezas e trouxo fames. Os "apóstolos" foron morrendo e os vellos de hoxe en día andan a pedir polas portas dos ricos que teñen barcos e non van ao mar.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Vie Jun 18, 2010 11:31 am    Asunto: Responder citando

CANDO BENITO QUEDOU ORFO de pai e nai, chegóu das Américas un parente e levóuno cuel. Na víspera de emprender a viaxe, colléu camiño do monte e alá arriba, no curuto de todo, deixou ben escondido un ichaviño. Foi a idea sentimental dun neno de doce anos.
Despóis, nas Pampas arxentinas, azuzáronlle tódolos cans cando inda non sabía gobernarse na soedade dos campos sen camiños. E moito padecéu para aprenderes a encararse con homes, rillando as ganas de chorar.
A cambio de anacos de espíritu, Benito conquistou un sentido novo e traballando sen pausa ganóu riquezas dabondo. Casóuse, nacéronlle fillos e prendéuse en terra allea.
Os tragines da súa vida non lle deran tempo para lembranzas sentimentais e foi, o cabo de trinta anos de loita cando Benito alentóu forte e pudo virarse cara ó pasado. E neste punto a morriña metéuselle na caixa do peito.
Buscando nos rincóns da súa memoria as farraspiñas esquecidas do seu feliz vivir de neno, Benito sempre remataba pensando no ichaviño que deixara agochado no curuto do monte. E non podendo vivir máis tempo sen visitar os eidos nativos, metéuse nun barco e chegóu á Terra.
As verbas esquecidas do noso falar, o musgo, os couselos, os faintos e todas as cousas que ía atopando no camiño, enchían de delicia o seu corazón. Cando chegóu ó curuto do monte, os ollos revíanlle felicidade. No mesmo sitio en que o deixara, achou o ichaviño, e non hai parolas no mundo inteiro que poidan darvos idea da emoción de Benito naquel intre. Despóis marchóuse cabo dos seus fillos.

Agora Benito ten un ichaviño pendurado na súa leontina de ouro e ten unha mágoa na ucha do seu peito.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Jue Jun 24, 2010 4:16 pm    Asunto: Responder citando

VOU CONTARVOSUN CONTO TRISTE
A pouco de casar doña Micaela comenzóu a facer camisiñas; mais a súa ilusión abatéuse de súpeto e con bágoas nos ollos metéu nun frasco de augardente o froito merado dos seus amores.
Doña Micaela escribéu nun papeliño: Adolfo, 12 de maio de 1887. Pegóu o papeliño no frasco e dispóis de bicalo tristemente guardóuno no armario das sabáns de liño.
Non vos riades, porque o conto é triste.
Ainda non decorreran catro meses e doña Micaela comenzóu traballar novamente nas camisiñas. A boa fidalga regalábase cavilando no herdeiro que xa estaba en camiño do mundo, e por segunda vez doña Micaela ollóu murchas as súas ilusións de nai, e con fonda tristura metéu en augardente o novo froito dos seus amores.
Doña Micaela escribéu: Rosa, 7 de Xaneiro de 1888.
Pegóu o papeliño no frasco e moi amargurada gardóuno no armario das sabáns de liño.
Non vos riades, porque o conto é triste.
A pobre señora choróu tres veces máis e metéu en outros tantos frascos de augardente un Pedro, un Ramón e unha Alicia.
Non vos riades.
A boa fidalga decatóuse de que non alomiñaría endexamáis un fillo verdadeiro e cos seus grandes azos maternáes adicou a vida enteira ao coidado garimoso dos frascos de augardente. ¡Triste vida!.
Non; non vos riades, porque o caso é triste.
Cando unha fanada ilusión cumplía anos doña Micaela remudáballe o augardente. Todos os días bicaba os frascos e arrombaba os laciños de seda que cinguían as vincas dos frascos de Rosa e de Alicia.
A boa fidalga chegóu a vella e tiña criadas de tanto ben que andaban coas chaves dos armarios e gobernaban a casa.
Un día chegóu diante de doña Micaela unha das criadas. Viña tan cortada que non podía falar; mais a probe muller tiróu consigo no chan e pouco a pouco foi confesando antre saloucos:
-¡Perdón, miña ama! ¡Ai, qué desgracia, señora! O señorito Adolfo caéume das mans e rompéuseme.
E no intre doña Micaela apagouse para sempre.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mie Sep 29, 2010 1:17 pm    Asunto: Responder citando

CAMIÑO ESQUECIDO que xa non va¡ a ningures. Un camiño calzado de pedra, inzado de silvas ensarilladas e de ortigas arnaes, que se perde na boca moura dunha congostra.
Eu sempre perguntaba a miña avoa: ¿Onde vai da-la “verea vella”? E miña avoa respondíame con certo mistéreo: “Non vai a ningures, meu meniño”.
Aquela “verea vella” turraba por min e, cando me fixen home, arrisqueime a pasala. E máís alá da medoñenta congostra topeime cunha aldea sen xente.Casales de boa pedra, lagares que lembran fartura, trabes apodrecidas, moreas de tella; todo va¡ amortaxado con edras, silvas e loureiros, e por riba daquela vizosa vexetación, as follas amarelas e vermellas dunha viña sen froito.
Debaixo dunha nogueira seca senteime a debullar sentimentos que aínda hoxe están alí en espera…
Cando volvín á casa escoitei de miña avoa a hestoria da aldea esquecida.
-Foi que os do lugar, armados ladróns, roubaron o mosteiro de Armenteira.
-Agardando o intre do reparto da riqueza, o capitán enterrouna en sitio segredo; mais ó seguinte día o capitán apareceu morto no seu leito e nunca máis se soupo do tesouro.
Dende aquela todas foron desgracias. Morrían as xugadas, merábanse os froitos, morrían entangarañados os rapaces, secábanse as fontes. Para escorrentalo mal fado ergueron cruceiros a eito.
De nada valeu nada. No remate sóupose todo e aínda hoxe o lugar está illado das xentes de ben
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mie Abr 27, 2011 11:38 pm    Asunto: Responder citando

MARTIN e máis SANTIAGO van dar un paseo xuntos como cada domingo pola mañá ata a pedra torta, e dalí dan a volta.
Como cada domingo, Martín leva o seu can cuel. Mentrea camiñan van a mor falar e dicen..:

-SANTIAGO:-¿Por que non lle dás de comer ao can?.

-MARTIN: -Pro que traballa...

-SANTIAGO: -Pois entón, ¿Por que no no matas?

-MARTIN: -Bo, pro que come...
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Lubian Todas las horas son GMT + 3 Horas
Todas las horas son GMT + 3 Horas
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro


Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear foro | foros de Pueblo y comunidades | Hosting gratis | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo

Para vps para wordpress ssd en Desafiohosting.com