lubian lubian
Lubián, O Teu Concello
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 
contos de Lubián

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Lubian
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Lun Mar 22, 2010 5:12 pm    Asunto: contos de Lubián Responder citando

O DEMO QUE SE FIXO CABALO

Eran uns frades que vivían nun convento e tiñan cabalos. Pola noite metíase o demo dentro deles e andaba de cabaleiro. Polas mañás os cabalos sempre aparecían todos sudados e estafados, motivo po lo cual, os frades empezaron a vixilar as cabaleirizas, e unha noite viron o que pasaba.
O demo marchóu co primeiro cabalo e eles tuveronlle a espera. Prepararon o segundo cabalo votándolle un saco de linaza encima.
Cuando éste chegou para colleres o segundo cabalo non reparou, coas presas, en que levaba o saco de linaza, e foi arramandoa polo chan, e como din que o demo todo o que desfai , ten co volver a facer, pois non tuvo máis remedio que apañala toda.
Os frades pensaron que non ia volver máis, pero seguiu volvendo. Entonces votáronlle o cíngulo por riba e voltouse cabalo, e ía encima del un dos frades facendolle apañar todalas pedras que lle facían falta para faceres un convento novo..
Cuando acabaron de apañar as pedras, tiñan que pasar o mar e o demo decíalle o frade:
-Ningún cabaleiro pasa o mar sin se presinar.
Ó que lle contestaba o frade:
¡Arre demo que non ha lugar!

María Marcos Jambrina.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
ARRICANXO



Registrado: 19 Mar 2010
Mensajes: 8

Reputación: 53.3


MensajePublicado: Lun Mar 22, 2010 9:03 pm    Asunto: Responder citando

O CREGO DO TAMEIRON
Alá nos tempos de maría castaña había crego no Tameirón. Érache un párroco moi aberto, franco, pero tamén cándido demais.
Co paso do tempo foi botando bandullo, ata que o doutor da Gudiña lle aconsellou que tiña que ir a Ourense para mirase aquelo, non sendo que fose unha ma cousa.
O especialista diagnosticou, á vista das probas, que había un tumor para extirparen cuanto antes.
Ingresado no Hospital, foi operado con éxito, e sacáronlle un tumor benigno de dous kilos setecentos, recuperando o crego aquela divina figura que sempre gozara antes da doenza.
Pero dada a súa candidez, as enfermeiras e auxiliares decidiron gastarlle unha facaltruada: aquela noite parira unha boa muller sen posibles un fermoso fillo de tres kilos e decidira entregalo ó hospicio con moita dor do seu corazón. E puséronlle o berzo co bebé ó coitado do crego na súa habitación.
Cando o crego espertou da anestesia, ó ver o berzo cun neno berrando, pediu explicación, e díxolle unha simpática enfermeira con todo o encanto:
--Eche o que hai, meu rei. Velo aí está o seu tumor: un tumos de tres kiliños.
O cura encolleuse na cama, vermello coma un pemento maduro, e contestou:
--Que non se entere ninguén... Fareime cargo del, e criareino coma se fose sobriño meu.
E así foi. O rapaz medrou ben mantido, chamándolle padriño ó crego. Foi o famoso afillado do crego do Tameirón, cun bo capital naquela aldea.
Cando xa tiña o afillado seus vinte anos, o crego caeu doente e, vendo chegada a súa derradeira hora, mandouno chamar para decirlle as súas últimas palabras:
--Querido afillado: voume para sempre. Chegoume a miña hora. Aí tes o teu capital para vivires doadamente. Pero antes de irme hei de contarche un segredo moi grande...
--Non, padriño, inda non chegou a túa hora. Xa verás como logo sanas, padriño.
--Non me chames padriño!. Este é o segredo: eu non son teu padriño...
--Xa o sei --confesou o mozo-- Vostede non é meu padriño, vostede é meu pai.
--Non --dixo o vello crego con voz do máis alá-- Eu non son teu pai. Eu son túa mai; teu pai é o bispo de Mondoñedo.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
INDA CHO SEI



Registrado: 19 Mar 2010
Mensajes: 7

Reputación: 57.7
votos: 1


MensajePublicado: Mie Mar 24, 2010 8:31 pm    Asunto: Responder citando

LECTURA COMPRENSIVA

El profesor de Historia de mi instituto, hace unos años, no sabía si creer lo que él mismo había vivido en un aula de la ESO. ¿Lo había vivido? ¿Lo había soñado?
El caso es que, al corregir un examen, se encontró con que un alumno afirmaba que Miguel Servet había sido condenado a morir en la hoguera por no querer hacerse una foto. Así mismo.
El alumno era un tipo simpático, y mi colega pensó que, no sabiendo la respuesta, había contestado con esa gracia la pregunta, por no dejarla en blanco.
Pero al pedirle explicaciones sobre tal respuesta, el alumno se puso terco y dijo que era la respuesta que ponía el libro. Sacó el texto, buscó el párrafo y eufórico señaló la frase que decía: "Miguel Servet fue condenado a morir en la hoguera por no querer retractarse..."
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Jue Mar 25, 2010 4:37 pm    Asunto: Responder citando

A MOZA QUE PEDIA NOVIO

Unha vez era unha moza que ía todolos días a iglesia e púñase diante do altar de San Cristóbal a rezarlle, pedíndolle que lle dera un novio. Decíalle:
- San Cristóbal, San Cristobalín
patitas, manitas, cara de angelón
dame un buen maridín.
Así, un día e outro tamén, todolos días ata que un deles, oubina o sacristán. Cando volveu ó día siguiente, xa estaba él colocado tras do santo, e cando a moza acabou de lle pedir o que pedía a diario, vai él e contéstalle coma si fose o santiño:
- Casa co fillo do sacristán.
Cando chegou a casa díxollo ó séu fillo, e o rapaz marchou correndo a pedirlle a man á moza. Consentiu e casaron.
Cando levaban algún tempo casados, empezou a aparellarlle o lombo todolos días, polo que ela volveu onde o santo e díxolle:
-San Cristóbal, San Cristobalón
patonas, manonas, cara de animal
¿ Por qué me has dado tan mal maridal?

María Marcos Jambrina.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Lun Mar 29, 2010 11:53 am    Asunto: Responder citando

O TIU BERTO

Unha vez era o tiu Berto, e no día de Corpus, marchou para a serra coas dúas vacas máis a burra que tiña. Pasou o día alí, e cando se fixo de noite, entrou para a choza e púxose facer a cena.
Cando estaba nesa tarea, facendo as sopas, notou que se le escureceu a porta da choza. Mirou para a porta e viu a un home que estaba parado coa faciana seria. O tiu Berto asustouse todo, pero inda así, mandouno pasar, mais o home quedou calado sin contestares nada.
O acabares de facer as sopas, o tiu Berto díxolle:
-¿Queres cenar?
Mais o tiu seguía calado, sin decir "ni pio".
-¿Non queres unha taza de sopas?
Mais o home seguía calado, sin decir "ni pio"
Ó tiu Berto arripióuselle o corpo todo e pensou: ¡¡ isto non vai bon¡¡
Encartou os trastos, sin comer as sopas, e díxolle as vacas:
-¡Pulida, Manchada, imos para casa que isto non vai bon!!
E así o fixo. Todo o camiño, máis de catro kilómetros, máis...e aquel home tras del sin se apartar nin un solo intre deles.
Ó chegares ó Calvario, no cimo do pueblo, onde antes había tres cruces, o tíu Berto máis as súas vacas e máis a burra, todos, miraron para tras e enton o home díxolles:
-¡Que nunca máis, en toda a túa vida, se te volva ocurrir, no día de Corpus, subires a serra!!
E desapareceu.

Dolores Lubián Rodríguez
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Vie Abr 02, 2010 1:28 pm    Asunto: Responder citando

A RAPOSA FARTA

Antiguamente nas casa, casi todo se guardaba nas arcas. A raposa e máis o lobo enteráronse e foron a ver si podían garlinpar algo para encher os séus bandullos famentos. Cando chegaron á casa do tiu Enginio, foron ata a arca e a raposa díxolle:
-Anda, entra tí que eu quedo a vigilar por si ven alguén.
O lobo entrou nela e ía tirándolle a comida para fóra á raposa. O primeiro que lle tirou foi un bolo de manteiga que a raposa comeu tranquilamente.
Nesto chegou o tiu Enginio, e colleunos en plena acció. A raposa como estaba libre, chamoulle as patas amigas, mais o lobo como estaba dentro da arca, non pudo escapar e levou unha boa tunda da que saliu totalmente macilento.
- Estou eu peor ca ti -díxolle a raposa cando se encontraron-, teño un dor de estómago que non me movo. Vas ter que me levar as cabaliñas.
Meu dito, meu feito, xa vedes ó lobo cargando cuela as costas. E mentras a raposa ía cantando:
-¡¡¡ Farta de pan, vino y manteca
me llevas a cuestas.¡¡¡

José María Fernández Rodríguez
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
miguelbeneitez
Site Admin


Registrado: 26 Jul 2009
Mensajes: 127

Reputación: 828.7Reputación: 828.7Reputación: 828.7Reputación: 828.7
votos: 1


MensajePublicado: Sab Abr 10, 2010 10:03 pm    Asunto: Outro Conto da Raposa (ARICANXO) Responder citando

Unha vez era unha raposa, e fízose a morta.
Pasaba por alí un carreteiro, e tirouna pro carro.
O carreteiro levaba no carro unha cesta de sardiñas, e a raposa foi tirándoas pra tras, e cuando acabou de tiralas, tirou a cesta tamén.

Despois apañounas todas e foi a un pozo a lavalas. Cuando andaba nestes traballos, apareceu por alí o lobo:
--Ai, comadre, onde carallo colliste esa cesta de trutas?
--Pois mira: tireime a este pozo coa cesta atada ó rabo, e encheuse de trutas.
--Ai, comadre; faime o favor de atarme a min a cesta ó rabo tamén.
--Pero mira que hai que estar muto tempo na auga...

Atou-la cesta ó rabo e encheula de penedos. Entonces o lobo, ó meterse no pozo, foise ó fondo. E alí se fartou de estar, sendo un día moi frío de inverno.
Encarouxouse o pozo, e o lobo non podía saír.
--Ai, comadre:
vai ó lugar e trae picos e martelos
pra rompe-los carambelos.
E a raposa levou tódolos cais do pueblo e tiroule unha pedra ó pozo.
O lobo quería saír por alí, pero como o buraco que ficera a pedra era tan pequeno, saíu sen pelexo.
E a raposa ceiboule tódolos cais mentras berraba:
--Arriba pernas e arriba ancas,
que neste mundo todo son trampas!

MENSAJE ENVIADO POR ARRICANXO
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Enviar email
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Lun Abr 19, 2010 11:57 am    Asunto: Responder citando

O tiu Marcelino foi de viaxe á Teixeira. Ergueuse cedo pola máñá, almorzou, aparellou o macho, e saíu cando ainda era noite cerrada. O macho era bó e andaba lixeiro e chegaron á Teixeira en menos de tres horas. Fixo os recados que tiña que facer. E cando xa voltaba para Lubián topouse cun amigo que estaba na porta da casa, tomando o fresco e vendo caer a tarde, e puxéronse os dous un pouco á parola. O amigo convidouno a pasar e a tomar un bocado e máis un trago de viño. O tiu Marcelino tiña pouca fame, pero cobizoulle moito unha pera que viu enriba da mesa. Comeuna con verdadeiro pracer. E o seu amigo, vendo que lle gustara tanto a pera, foi á horta, arrancou unha pequena árbore, e díxolle: "toma, leva esto para Lubián, e prántalo nunha finca boa, abrigada do Norte". Eran tan amigos que o tiu Marcelino non lle soupo decir que non. E trouxo para Lubián aquela pequena árbore. Era unha pereira.

Prantouna no prado da Carballal. E prendeu. Era polo mes de febreiro. E pasou o vrau e a pereira non secou. E seguiu medrando. E ó cabo de tres anos deu as primeiras peras. Foron tres peras, as tres primeiras froitas que existiron en Lubián. Non chegaron a madurar porque alguén que non foi capaz de aguantar comeunas cando ainda estaban verdes.

Ó ano seguinte veu un xeada cando andaba na flor e non deu nada. Pero pro outro ano sí que volveu a dar peras. E cada ano que pasaba medraba máis e daba máis peras. E foise facendo grande. E seguía sendo a única árbore frutal que había no pobo.

Pasaron os anos e morreu o tío Marcelino. E o prado do Carballal, coa Pereira, herdouna a súa sobriña Mariana, que estaba solteira, e que coidara ó seu tío con todo cariño ata o momento en que deixou iste mundo.

E como non había mais froita no pobo, os mozos iban de noite a roubarlle as peras. E cando a pereira xa era moi grande, levaban estadullos, e tirábanllos para facer caer as peras das gallas altas, para collelas logo no chau e comelas. As peras caían e chouchaban polo prado abaixo e paraban na chaira que había no fondo do prado. Aínda que algunhas collían tanta forza que seguían chouchando, e baixaban polas tapadas das Pedras, e chegaban ata o rigueiro.

A pereira seguiu medrando, e dando cada vez máis peras. Non había naide no pobo que non tivera probado algunha vez as peras da Pereira da Mariana. E todos estaban dacordo en que eran moi ricas.

Cóntase que a Pereira chegou a dar tantas peras que algún ano se podía cargar con elas un carro que seis vacas non serían capaces de mover.

E chegou a República, e a pereira seguíu dando peras a dereitas e a esquerdas.

E chegou a Guerra Civil. E a pereira púxose triste polos mozos mortos. Pero como tiña unha alma forte superou a tristura e non morreu. E foi tamén capaz de sobrevivir ós duros anos da postguerra, anos nos que as suas peras foron aínda máis ricas e apreciadas.

E, xa moito despois da Guerra, cando se extendían por España o progreso e o desarrollismo, chegaron tamén as árbores frutais a Lubián. Pero a pereira da Mariana seguiu sendo para sempre algo diferente: non era unha pereira, era A Pereira, A Pereira da Mariana; tiña moita historia, e sabía moitos segredos. Durante máis de medio século fora a única árbore frutal que houbera no pobo. E dende o prado do Carballal víase o pobo enteiro, palpábanse os amores e desamores dos lubianeses coas lubianesas, e as tristuras e ledicias de uns e outras, e podíase escoitar o latexar dos corazóns de todos eles.

A tía Mariana morreu; pero a súa pereira ainda sigue viva. Agora, nos comenzos do século XXI, pode presumir de haber vivido en tres séculos diferentes. Está un pouco velliña e arrugada, e xa ten algunhas gallas secas, pero ainda sigue dando peras.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mar Abr 20, 2010 6:17 pm    Asunto: Responder citando

CONTO DE INDA CHO SEI /Pueblos de España/Lubián

Certo é que dirixo unha explotación de catro galiñas. Pero unha ten 8 anos e xa non produce, e non son quen de retorcerlle o gañote, nin deixala fóra, de noite, para que a pape a raposa.
A conta de resultados da explotación é a que sigue: 225 ovos cada tres meses, que son 18,75 ducias, por 1 € de valor, un total de ingresos en especie de 18,75 €.
Nese tempo, ademais das sobras de pan, arroz, ensaladas e mariscos, comen un saco de millo triturado que vale 15 €. Así é que teño unhas ganancias de 3,75 € ao trimestre, máis o indudable plus de calidade ecolóxica, máis un carretillo de esterco para os tomates e leiturgas, máis o consumo dos desperdicios orgánicos xunto co can, Sr. Gutiérrez, etc.
Certo é que o ano pasado despisteime co saco de pienso, e deixaron de pór no inverno. A muller xa me viña cuestionando a rendabilidade da granxa, porque ían quince días sen ovos.
Pero non merquéi ovos en ningún supermercado, lacazán.
O que pasou foi que ví media ducia deles na neveira da adega, collín tres e subinos pra cociña, para o frigorífico da cociña, que é onde meto os ovos de cada día, un en cada buraco.
Cando os viu a muller, veu onda min cunha sorrisa deliciosa nos beizos:
-- ¿Y luego ya ponen las gallinas?
--Ya ponen --dixen eu.
-- ¿Y cómo es que ponen huevos duros? ¿No ves que ya están cocidos?
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mar Abr 20, 2010 6:23 pm    Asunto: Responder citando

O CALDEIRO NOVO // PINGADELO// Pueblos de España

Dende facía tempo o tío José e a tía Josefa estaban a precisar de un caldeiro novo pra cocerlle aos porcos, e naqueles primeiros anos 70, a Leonides xa non viña vendendo os xeitosos cacharros de materiais reciclables, (eso si que foi un exemplo de reciclaxe: latas de aceite que se convertían en regadoiras, e que logo os rapaces faciamos servir de saxofóns, botes de tomate que acababan sendo cazos pra sacar a augua do deposito da cociña económica, latas das empanadas, ou carrapitos de varias midas). Achegouse o tío José á casa dos do Sotillo pra mercar un caldeiro sin dicirlles o fin pro que o farían servir. Vendeulle o Miguel un caldeiro moi lixeiriño e cun colorido que daba gozo velo. O tío José iba máis contento que unhas castañolas, pero non pasaran nin catro horas e xa estaba reclamándolle polo mal resultado que le dera o coitado caldeiro.

- ¡Mecago no birimbao…! mira o que quedou do raio do caldeiro, enseñandole a argola.
- Pero home de Díos, como pois o caldeiro na lareira, non veis que é de plástico.
- ¡Arrenegado sea o demo!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
INDA CHO SEI



Registrado: 19 Mar 2010
Mensajes: 7

Reputación: 57.7
votos: 1


MensajePublicado: Lun Abr 26, 2010 10:55 pm    Asunto: O MEU PRIMEIRO TAXI Responder citando

Nunha vida que me houbera gustado vivir, eu fun taxista. E o meu primeiro taxi foi un Simca 1200, matrícula B 1281 CC, de cor verde e de gasolina normal.
Os primeiros clientes foronche catro mozalbetes de Aciberos que me alugaron un 19 de marzo para iren á feira da Mezquita.
Os rapaces comeron o polbo da Chata, beberon viño do Plus e, cando voltaron para o taxi, no canto de catro, viñan cinco. O novo cliente era un home de Padornelo moi coñecido.
Eu fíxenlle saber que o taxi só tiña catro plazas, e que non podía transportar cinco viaxeiros. Pero tanto me pregaron, que logo comprendín que os rapaces gastaran tódolos cartos en polbo e viño, e que só do quinto viaxeiro ía coller un can. Se quería cobrar a viaxe, tiña que arriscar que me multaran os motoristas se se dera o caso de me parar.
Ó montar no taxi, resultou que o de Padornelo traía con el tres lareguiños para a ceba, e xa non tiven escapatoria: tamén habería de transportar os bacoriños.
Metimos os leitóns no maleteiro, e sacamos a bandexa para que non afogaran. Así é que no asento traseiro, por diante dos porcos, iban os catro mozos, sentados sobre o cobertor que lle tiña de protección a aquel cochiño novo, coa bandexa por riba dos xionllos. O de Padornelo, que tiña moita leria, viña de copiloto e facendo ó mesmo tempo de aparello de radio.
Pasada a ponte da Fraga da Osa, tantiño máis arriba, fixen un adiantamento a un trailer, e inda levaba a intermitencia da dereita posta, cando apareceron de fronte os de AUXILIO EN CARRETERA, que ó cruzarse con nós, fixéronme acenos de que parara á dereita.
Eu paréi cen metros máis adiante, para non estorbar ó camión, e fun cara ós gardas a zancadas coa documentación na man, intentando que non se acercaran ó taxi, para disimular que naquel intre máis que taxi era unha réplica en miniatura do mixto dos Guerra.
Pero o garda, mentras me anunciaba que fixera un adiantamento non reglamentario, porque non había douscentos metros de visibilidade, non facía máis que arrimarse ó Simca.
Eu xa pensaba que a miña vida de taxista acabara no primeiro día de traballo. Qué sería de min cando vira o panorama!
Pero cando chegamos ó coche, no sentallo de atrás só iban tres, e ademáis botaran o cobertor para tapar os corrichos, agachando a bandexa por diante dan canelas.
Pensei que inda foran ocorrentes. Menos mal. Seguro que o rapaz que faltaba saíra pola dereita e andaría agarbado entre os rebolos.
Entón o de "AUXILIO NA CARTEIRA" ( como decía daquela o Sotillo), botou man á porta de atrás, abriu e tirou do cobertor decindo:
--¿Qué lleva usted aquí?
E alí apareceu o de Acibeiros, debaixo do cobertor, encorcillado entre os tres ranchos, todo emboutado nas ciscadelas dos marranciños.
Entón o garda civil frunciu o ceño, clavoume os seus ollos cheus de faíscas nos meus, e pasándose a man polo nutrido mostacho deu varios coleos e díxome rañándome na orella:
--Haga el favor: súbase al coche y desaparezca antes de que lo desgracie para siempre.
E ata se esqueceu daquela multiña que me quería pór polo adiantamento!
Bendita sea a benemérita e aquel AUXILIO EN CARRETERA. Deus o teña na gloria, se xa non andivera por acá.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
ARRICANXO



Registrado: 19 Mar 2010
Mensajes: 8

Reputación: 53.3


MensajePublicado: Mar Abr 27, 2010 8:57 pm    Asunto: O GALEGO E O NABAL (conto xabrés) Responder citando

Era un galego solteirón que vivía desta parte da Canda. Con el moraba seu pai, que xa era un home moi velliño.
Tiña unha horta a carón da casa, e unha fiestra ollando para a cortiña.
Qué nabal había naquela cortiña! Aqueles nabos éranche grandes, máis cá remolachas.
Unha mañá de moita calor debruzouse na ventá o pai daquel galego, e alá foi dunha zapoucada abaixo.
E decía o fillo mirando para seu pai morto:
--Non sinto eu a súa morte, non. El xa era vello. O que sinto ben son os nabos que esfalamendrou na cortiña.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
miguelbeneitez
Site Admin


Registrado: 26 Jul 2009
Mensajes: 127

Reputación: 828.7Reputación: 828.7Reputación: 828.7Reputación: 828.7
votos: 1


MensajePublicado: Jue Abr 29, 2010 11:04 am    Asunto: Responder citando



A ver que nos podéis contar de esas maravillosas anécdotas de nuestros mayores (y no tan mayores) a cerca de encuentros con los lobos!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Enviar email
INDA CHO SEI



Registrado: 19 Mar 2010
Mensajes: 7

Reputación: 57.7
votos: 1


MensajePublicado: Vie Abr 30, 2010 6:26 pm    Asunto: UNHA TIRADA DE PANTALÓN APURADA Responder citando

Ouvímosllo contar varias veces a Lola. Pero agora xa non o lembra. Eu vou contalo ó meu xeito nunha homenaxe a esa muller que me deu tódolos xeitos que teño.

A línea Puebla-Lubián-A Gudiña-Verín parou en Requeixo un rato moi grande, agardando pola limpeza da neve da carretera na portela.
Era unha boa nevada: máis de medio metro de neve había nas cortiñas.
Un dos viaxeiros viuse de pronto apurado, brincou unha parede, e púxose a tirar de pantalón co cú arrimadiño ó muro daquela cortiña, xa que a ventisca amontonara a neve, deixando limpo un corredor ó longo da parede, e ademáis, ó arrimarse tanto, a parede servíalle de pantalla para esconde-las menudencias da mirada dos outros viaxeiros que estaban subidos na línea.
Para non enxarnar a peliza, tiraba de pantalón con ela doblada sobre os xeonllos, que veñen sendo as "rodillas".
Naquela, un lobo escurrizado por un can da res, pegou un pulo na mesma parede, voou por riba do cagón, e veu espeta-las catro patas no neveiro, mesmo por diante dos fociños do viaxeiro.
Coma un resorte, o noso home, no mesmo intre de cisca-lo cagallón coma un torpedo, botou coa zamarra por diante todo o seu peso enriba do lobo, cinguíndoo polo cadril cunha forza do demo e trabándoo como se fose un can de presa.
O peor é que regañou na operación todas as súas vergonzas, coma nun escaparate de sex-shouw, e a xente baixou do autocarro ás gargalladas para contemplar de máis preto tal espectáculo, xamáis saboreado nen nos mellores circos do universo.
E o cagallas aquel, daquela fustaxe, berraba sen cesar:
--Señores e señoras! Carallo! Unha de dúas: ou me suben os pantalóns, ou me axudan a amanada-la fera!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Lun May 10, 2010 5:26 pm    Asunto: Responder citando

A MIOCA

O tiu Enginio estaba co seu neto rastrillando o corral.
O neto atopa unha mioca tratando de volveres ó buraco de donde saira, e dícelle ó seu abuelo:
_Abuelo.... apóstoche a que son capaz da meter dentro do buraco
_Siiii?... O que aposto a que no na metes son eu. 5 pesos a que no na podes meter. ¿tí non ves que a mioca é blandiña e flexible? No na vas poder meter por un buraco tan pequeno....
O rapaz acepta a aposta. Corre hacia o interior da súa casa e volve cun bote de laca que lle birla á súa nai do armario do cuarto de baño.
Rocía ó invertebrado, e éste ó secares, queda máis recto é duro que un birlo.
Inmediatamente procede a introducilo po lo orificio, cousa que fai con moita facilidade.
O abuelo acepta a derrota... págalle ó rapaz os 5 pesos correspondientes, meténdose inmediátamente para á casa coa lata da laca.
A iso da media hora sai todo sorriente e dalle outros 5 pesos o rapaz.
_Pero abuelo¡¡¡.... si xa me deches os 5 pesos.
_Si, xa o sei..... pero estos mándachos a túa abuela...¡¡¡¡
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
ARRICANXO



Registrado: 19 Mar 2010
Mensajes: 8

Reputación: 53.3


MensajePublicado: Lun May 10, 2010 8:05 pm    Asunto: CONTO DOS TRES GALOS Responder citando

Unha vez era un cura que tiña tres galos.
Cantou o primeiro deles, e decía:
--O crego durme coa ama! O crego durme coa ama!
O cura estivo á trela del, a ver cal era o cantarín de tal estrofa, e cando viu cal era, retorceulle o gañote.

Para o outro día cantou o segundo, e xa decía:
--A meu irmán matárono por decir a verdade! A meu irmán matárono por decir a verdade!
E a ese tamén lle retorceron o pescozo.

Para o outro día cantou o terceiro e dixo así:
--O QUE NESTE MUNDO HA DE ANDARE,
TEN QUE OUVIR, VER E CALARE!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mie May 12, 2010 10:53 pm    Asunto: Responder citando

Era unha noite escura e moi chuviosa. Un home estaba no medio dun solitario camiño, rogando para os seus adentros que pasara algún coche e o recollera. Chovía tan a cántaros que o home non podía ver a máis de dous metros.
De pronto, moi lentamente e sin casi ruido, apareceu un coche, coma si saise da nada, deténdose diante del.
Nin corto nin perezoso abriu a porta e subiuse, sentándose cómodamente, dando gracias a dios por oubir os seus rogos.
O coche púxose en movimento lentamente...... cando se percatou de que no asiento do conductor non había naide, levou un susto que casi se caga pola pata abaixo. Inda foi maior o susto cando viu que no camiño viña unha curva a pouca distancia.... afianzouse o mellor que pudo, esperando o peor, cando de pronto ó enfrentar a curva, abriuse a porta, entrou unha mau e afianzou o volante guiándoo, e en acabando a curva, a man saía do coche, cerrando a porta. Esto mismo repetiuse cada vez que viña unha curva e o home estaba máis que asustado, paralizado no asiento de atrás.
Cuando logrou moverse, saltou do coche e correu tan rápido como lle daban as súas pernas hasta o próximo pueblo, por suposto por diante do coche.
O chegares o pueblo entrou a un bar a calmar os nervios e a contarlle a todo o que quixese escoitar a aventura que acababa de acontecerlle.
Ó cabo de media hora de entrar en calor, secarse, contar a súa odisea e tomares uns tragos, entran dous homes no bar, mollados hasta os ósos e cansados a máis non poder.
Ó ver o noso heroe, un coméntalle o outro:
-Mira Juan.... ahí está o fillo da puta que se subiu ó coche mentras nos empuxabamos.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mar May 25, 2010 12:08 pm    Asunto: O LOBO QUE CREE QUE A LUA É QUEIXO Responder citando

Andaba o lobo tan famento que xa nono sabía que facer para levar ó bandullo algún animal, porque non achaba a ningún. Anduvo sin parar todo o día, e cando estaba cerca a noite atopou a unha raposa e puxo cara de felicidade decíndolle.
-Mire vostede, señora zorra, teño tanta fame que ma vou a zampar.
-Pero home, ¿cómo vai vostede a facer iso?¿non vei que estou transida e non teño máis que ósos e pelexo?
-¡Home, eu ven vexo que este ano non está tan gordiña como o pasado, pero ven me chega coa fame que teño!
-O ano pasado estaba gordiña porque estaba preñada, e agora ó parires e ter catro fillos, non dou apañado para comer algo e poder darlle leite que chegue para os catro.
-Menos leria que teño unha fame negra e xa me tein xordo o ruido que me fan as tripas. A min non me importan os seus problemas...!
Xa iba a darlle a primeira mordida cando a raposa moi rápida nos seus pensares díxolle:
-Mire, señor lobo, eu sei un sitio onde vive un vello moi feu que ten un pozo cheu de queixos, e eu sei que a vostede ben que lle gusta o queixo...!
-Mmmm... só de pensalo, fáiseme a boca agua..!
-Pois veña conmigo, xa verá a chea deles que ten o pozo.
E para alá foron os dous de leria hasta que chegaron, pasaron unhas tapias e alí viron o pozo no medio dunha cortiña. A lúa reflexábase na augua e mismo parecía un queixo. A raposa foi a primeira en sair do escondite que tiñan por prudencia, e logo chamou polo lobo:
-Señor lobo, mire, mire qué queixo máis grande...!! Asómese vostede .
E así o fixo o lobo. Cando viu ó grande que era, lambeuse, pero inda así medio desconfiado díxolle a zorra:
-Pois xa que me trouxo hasta aiquí, faga o favor de collermo.
A zorra meteuse nun dos caldeiros e entrou polo queixo, e desde abaixo decíalle ó lobo:
-¡Ai, amigo lobo, qué grandón é este queixo!¡Non podo cuel! faga o favor de vir a axudarme para poder subilo.
-Pero non podo entrar-decíalle o lobo-¿cómo fago?. Subao vostede sola.
Entón a zorra díxolle:
-Pero home, non sea vostede torpe, métase no outro caldeiro e xa verá qué fácil é!, meténdose ela no caldeiro no que baixera.
O lobo fixo caso e meteuse no caldeiro, pero como pesaba máis ca zorra, mentras o lobo baixaba o caldeiro coa zorra subía, e cando él chegou abaixo a zorra estaba arriba.
Entonces a zorra chaoulle ás patas amigas, a allí quedou o lobo buscando o queixo coma quen busca unha agulla nun pallar.E a zorra moi contenta foi a darlle de mamares os seus zorriños.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Vie May 28, 2010 4:06 pm    Asunto: Responder citando

Un mozo de Lubián estaba estudiando en Santiago e compartía apartamento cunha rapaza ben guapa, que era dun pueblo cercano. Ante os ollos da familia do mozo, a rapaza solo compartía apartamento con el....Ninguén podía comprobar outra cousa.
Un día o mozo combidou a súa nai, que foi a Santiago a facer unhas cousas e pasou a saludalos, a que se quedase a cenar con eles. Durante a cena a nai non podía quitar os ollos da rapaza, que lle parecía fermosísima. A muller desconfiaba que entre os dous había algo máis que unha relación de compartir casa, sobre todo vendo como se entendían en todo..
Lendo os seus pensamentos, o mozo díxolle:
-Mamá, sei o que estás a pensar, mais asegúroche que estás equivocada. Só somos compañeiros de apartamento.
Aproximadamente unha semana despois, a rapaza comentoulle o mozo que desde o día que viñera a súa nai, que non atopaba o caceta da sopa, por máis voltas que lle dou a todo o menaxe da cociña. El contestoulle que, coñecendo a súa nai como a coñecía, que dudaba moitísimo que ela sa levara, mais inda así escribiulle unha esquela e, aproveitando que ía a pasar o fin de semana á casa dos seus pais, que llo ía a por na porta da neveira.
Na esquela puña isto:
"Querida mamá: Non estou a decir que tí nos colleses a caceta o día que quedaches a cear na nosa casa, mais tampouco vou decir que no no fixeras. O caso é que desde ese día non a atopamos por ningures.
Uns días máis tarde o mozo, sobre o seu escritorio, atopou unha nota da súa nai que decía así:
"Querido fillo: Non estou decindo que che deites coa rapaza ou que non che deites con ela, pero o feito é que si a rapaza se deitara na súa cama, xa fai días que tiña que haber atopado a caceta, que eu mesma puxen entre as sábanas da súa cama. Con todo o cariño. A túa nai.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Lun May 31, 2010 6:59 pm    Asunto: Responder citando

VIDAL leva a súa muller ó clínico porque ten que ser operada, sendo a operación moi larga. Estuvo alí catro horas, e como tiñan rapaces pequenos e non tiña con quen os deixar, regresou á súa casa antes de acabares os médicos de operala. Cando tuvo vagar, chamou ó clínico pra se interesar por o resulado da operación e saberes como estaba a súa muller.
-Boas tardes, ¿quén fala?
-Hola, é o clínico?
-Si señor.
-Mire, son Vidal. Quero saber como saiu a miña muller...
Nese momento, no teléfono métese a conversación dun taller de reparacións que estaba a falar cun cliente que tiña a arreglar unha escuter.
-Hola, hola ¿están oubíndome?
-Perfectamente, señor. En cousa de dous días entregarémoslla.
-¿Entonces todo vai ben?
-Sí, ¡pero foi problemático de carallo! Desmontámola toda por dentro. Tiña moitísimas cousas que tivemos que cambiar por estares en mal estado, pero o traballo xa está feito e dentro de dous días xa a pode montar.
-Montala?
-Sin medo ningún. Cortámoslle o tubo de admisión porque o tiña moi largo ¡veise que vostede lle da duro!....
-Pero señor....¡¡¡
-O desgaste das paredes demóstrao. Vostede debería engrasala con máis frecuencia-
-Iso é demasiado, señor...¡¡¡
-Ademáis debo decirlle que o seu pistón está moi aldraxado. Non vale nada. Como vostede comprenderá, metímoslle outro máis gordo co seu e quedemos sorprendidos co resultado. Tamén lle ampliemos o tubo de escape que estaba todo abolacrado.
-Do escape?¡¡¡
-Sí home, por onde sain os gases. Estaba completamente taponado, pero ahora quedou que da gusto..
-Pero..... ¿qué merda?
-Home, non se preocupe, que ahora vai marchar todo ben. Eu mismo a probein. Despóis montárona sete dos meus compañeiros e con todos se portou maravillosamente!.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Lun Jun 07, 2010 1:28 pm    Asunto: Responder citando

Nun reino encantado onde os homes nunca poden chegar, ou quizais onde os homes transitan eternamente sin se dar conta....
Nun reino máxico, onde as cousas non palpables, vólvense concretas...
Había unha vez.... un estanque maravilloso. Era unha laguna de agua cristalina e pura onde nadaban peixes de tódolos colores existentes e onde tódalas tonalidades reflexabanse permanentemente....

Ata ese estanque máxico e transparente acercáronse a bañarse, facéndose mutua compañía, a tristeza e mías a furia.
As dúas quitaron os seus farrapos e desnudas entraron no estanque.
A furia, apurada coma sempre, urxía de se dar o baño rápidamente, e máis rápidamente inda, saliu da agua...
Mais a furia é cega, ou quizáis non distingue claramente a realidade, así que, desnuda e apurada, puxo ó sair a roupa que primeiro atopou...
E sucedeu que esa roupa non era a súa, sinon a da tristeza...
E así vestida de tristeza, a furia marchou.

Moi calma e moi serena, disposta coma sempre a quedarse no lugar onde está, a tristeza acabou de se bañar, e sin ningún apuro, con pereza, lentamente saliu do estanque.
Na borda atopouse con que a súa roupa non estaba.
Como todos sabemos, si hai algo que á tristeza non lle gusta é quedarse desnuda, así que púxo os farrapos da furia.

Contan que desde entonces, moitas veces un se atopa coa furia, cega e cruel, terrible e enfadada, pero si nos damos o tempo de mirares ben, achamos que esta furia que vemos é sólo un disfraz, e que detrás dese disfraz da furia, en realidad..... está escondida a tristeza.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Dom Jun 13, 2010 1:32 pm    Asunto: Responder citando

Era alá polos primeiros de siglo. Bernardino era un barbeiro famoso pola gracia con que colle os clientes polo nariz con dous dedos da man izquerda, como unha pinza, a continuación bota as súas cabezas hacia atrás e afeita coa man direita.
Á barbería veñen moitos homes que non teñen dentes, e o home veise e deséxase para que queden ben afeitados, e tamén para non alifazalos. Sería unha disgracia que saíran coa cara toda esnagatada, xa que isto faría que Bernardino collese má fama e non volveran á barbería. Así que Bernardino anda dándolle voltas á cabeza, pensando en buscar unha solución que lle facilite o seu traballo coa xente desdentada.
Un día dos que ven moi canso do traballo, con dor de patas por estares tanto tempo de pé, como o home vivía solo e tiña que facerse as cousas todas él, colle uns ovos dos máis atrasados que tiña das súas pitas, e botou nun cazo catro deles a cocer mentras facía unha ensalada de tomates, sardiñas e cebola que tanto lle gusta.
Cando estaban a cocer os ovos, veulle unha idea á cabeza que en canto acaba de cear empeza a facela no pequeno taller de carpintería que ten na parte datrás da súa cociña.
Ó día siguinte vaise á barbería, e ó primeiro desdentado que entra, mételle un ovo de madeira na boca, sin lle dar tempo a protestar, quedando o home pasmado polo cómodo que se atopa mentres o rasuran e o ben afeitadiño que queda.
O ovo é un pouco máis pequeno que o que teñen as mulleres no costureiro para zurzir os calcetíns, e cando acaba o servicio, Bernardino lavao a conciencia con agua e máis xabón, sécao cunha toalla ben limpiña, e guárdao dentro dunha saquitela de coiro á espera do siguinte cliente desdentado.
Isto foi a admiración da súa clientela, agradeceo e comenta:
-O ovo do Bernardino está máis limpiño que a maioría dos habitantes do pobo.
Ó principio todo o mundo facía un chiste á súa conta:
-Bernardino, méteme o ovo na boca.........!!! ou
-Bernardino, o home dos tres ovos.......!!!
Despóis, como todo, a xente vaise acostumando as cousas e xa non repara nelas.
Bernardino dí:
-Agora hai moita xente sin dentes e si non fose polo ovo, non había maneira de darlle forma os meixelos e conseguires un bó afeitado.
Pasado o tempo a Bernardino chegoulle o seu día, e os veciños ó preparalo para metelo no ataud, metéronlle o ovo na boca para que o levase ó outro mundo por si alí repetía oficio e lle poidese faceres falta, mais olvidáronse do afeitar, e alá marchou ó máis alá, todo avergonzado..... Foi unha lástima que niguén se decatara.... despois de ter o ovo na boca como o tiña, e co pouco tempo que ian tardar... despóis de tódalas veces que él os puxera a todos ben guapos...
O home marchou pesaroso.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mie Jun 16, 2010 6:41 pm    Asunto: Responder citando

Un home de moita reputación tiña un criado ben feu e rabudo.
Non podía recibires unha orden sin se por feito unha furia, sentaba de forma indecente na mesa, empurraba os invitados e deixaba ó seu patrón avergonzado constantemente.
Non valía que éste lle votase a refuliana, él seguía ó seu rumbo sin faceres caso ningún. Era desordenado e desobediente.
Po la noite non durmía. Andaba pola casa adiante como alma en pena facendo ruido, movendo cousas e molestando ó resto da xente.
Incluso colocaba toxos nos atallos polos que pasaba o seu amo para esnagatalo todo.
O amo non podía contar cuel para nadiña.
Uns amigos do patrón aconsellárono que se desficese del e collera outro que fose como Dios manda.
-Pero ¿por quei?- contestoulle o patrón sorrindo. Eu estoulle moi agradecido porque me fixo millor. Sí, enseñoume a paciencia, e cada día que pasa ma sigue enseñando. E a verdade é que ese don, permíteme soportar as demáis dificultades da vida.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Vie Jun 18, 2010 5:03 pm    Asunto: Responder citando

EUSTAQUIO, de profesión "trapero", dedicáse a diario a recolleres tódolos fatucallos que a xente deixa as veiras dos contenedores, lávaos a conciencia, planchaos e dispois véndeos. Non é que lle de moitos ingresos, pero saca para manteres á burra que tira do seu carro, que é o seu medio de traballo, para pagares unha pensión na que durmir, e para encher o bandullo.
De cando en vez, inda lle sobran uns cans para permitirse algún que outro capricho, como é o das mulleres da vida.
El está perdidamente namorado de Xon, mais a rapaza,tratao ben eso si, pero non corresponde os seus amores.
O seu mellor amigo é Fernando, de profesión vigilante do albergue municipal, e coñeceo de ires durmir alí algún dos días que saca poucos cartos.
Fernando está aforrando para casares polo que non usa teres gastos innecesarios xa que ten que dar as contas de todos os ingresos e gastos a súa novia.
Unha noite Eustaquio e máis Fernando deciden ir botar unha caniña ó aire, pagando Eustaquio, claro, e entraron nun burdel ben coñecido na zona. Alí pedíronlle un precio máis elevado do que esperaban, quedando desconsolados porque non so podían permitires.
A dueña, vendo que estaban bastante interesados en facer uso do seu negocio, fíxoles unha oferta especial si compartían habitación.Non é que lle fixera moita gracia, pero aceptaron.
Pasaron a unha sala onde había un escenario. Había unha chea de rapazas bailando nel ó ritmo dun piano que tocaba un home de uns sesenta anos peinado á romana, cunha cicatriz debaixo dun ollo. Había moitísimo público varonil.
Nesto entrou ó escenario unha moza vestida só cun albornoz. Colocouse de espaldas á xente e foi deixando caeres o albornoz pouco a pouco ata quedares desnuda..
Eustaquio deuse conta de que tiña tatuadas as nalgas. En cada unha delas tiña debuxado a metade de unha cara.
A rapaza pediulle a unha das súas compañeiras de escenario que le axuntasen as nalgas coas dúas mans, comprobando tódolos espectadores, mortos coa risa, que así xuntas, formaban unha cara completa, toda risueña e coa boca aberta.
A rapaza que apretaba as nalgas ben fuerte, chamou a outra das súas compañeiras para que se acercase:
-Pon a orella aiquí...
E así o fixo a rapaza. A continuación, a ama do cú, puxo cara de concentración....... e ó cabo dun ratiño tirou un gran peido, un peido de concurso. Ruidoso, modulado e sostenido. Un señor peido en tódolos sentidos.
A xente toda empezou a aplaudir eufóricamente. Entón a rapaza volveu a por o albornoz e meteuse para dentro.
Mortos coa risa, e en vista de que o espectáculo xa acabera, os nosos amigos decidiron escoller rapaza, e alá foron os catro, non moi convencidos por ter que compartir a hatibación.
A cousa acabou ben. Remataron a noite satisfactoriamente, cantando polas rúas ata as cinco da mañá.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Jue Jul 01, 2010 4:02 pm    Asunto: Responder citando

Había una vez un rey que ofreció un gran premio a aquel artista que pudiera captar en una pintura la paz perfecta.

Muchos artistas lo intentaron. El rey observó y admiró todas las pinturas, pero solamente hubo dos que a él realmente le gustaron y tuvo que escoger entre ellas.

La primera era un lago muy tranquilo. Este lago era un espejo perfecto donde se reflejaban unas plácidas montañas que lo rodeaban. Sobre éstas se encontraba un cielo muy azul con tenues nubes blancas. Todos los que miraron esta pintura pensaron que ésta reflejaba la paz perfecta.

La segunda pintura también tenía montañas. Pero éstas eran escabrosas y descubiertas. Sobre ellas había un cielo furioso del cual caía un impetuoso aguacero con rayos y truenos. Montaña abajo parecía retumbar un espumoso torrente de agua. Todo esto no revelaba para nada lo pacífico. Pero cuando el rey observó cuidadosamente, miró tras la cascada donde había un delicado arbusto creciendo en una grieta de la roca. En este arbusto se encontraba un nido. Allí, en medio del rugir de la violenta caída de agua, estaba sentado plácidamente un pajarito en el medio de su nido... paz perfecta.

El rey escogió la segunda. ¿Sabes por qué? porque, explicaba el rey, "Paz no significa estar en un lugar sin ruidos, sin problemas, sin trabajo duro o sin dolor. Paz significa que, a pesar de estar en medio de todas estas cosas, permanezcamos calmados dentro de nuestro corazón. Éste es el verdadero significado de la paz.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
miguelbeneitez
Site Admin


Registrado: 26 Jul 2009
Mensajes: 127

Reputación: 828.7Reputación: 828.7Reputación: 828.7Reputación: 828.7
votos: 1


MensajePublicado: Dom Jul 18, 2010 8:13 pm    Asunto: Responder citando

LAS BRUJAS DE ACIBEROS

Un mozo de Aciberos fue a ver a su novia, que era de otro pueblo cercano, y en la comarca se encontró con unas brujas. Hizo este un círculo en el suelo y dentro una cruz para protegerse de ellas, aunque ellas le pidieron salir. Después de un rato se marcharon y el hombre salió. En el pueblo de su novia vio más brujas e hizo lo mismo. Cuado se marcharon pasó un viejo caminante leyendo un libro, el joven asustado siguió dentro del círculo y le invitó a entrar dentro de él pero el hombre viejo no quería. Repitiéndoselo varias veces, gesticulando con los brazos le dio al libro del viejo sin querer un manotazo y este libro cayó dentro del círculo y el viejo se marchó.
Después de un largo tiempo habló con un cura que le dijo que las mujeres que había visto eran brujas y el hombre era el demonio, esto ya había pasado más veces y todos habían muerto, le dijo que moriría a los 7 días, y así ocurrió.

Esta historia está sacada de internet usando el San google.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Enviar email
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Vie Jul 23, 2010 11:19 am    Asunto: Responder citando

Esta é a historia dun rapaz que tiña un carácter levado do demo. Seu pai deulle unha bolsa de revolgois e díxolle que cada vez que perdera a paciencia, debería clavar un tras da porta do seu cuarto.
O primeiro día, o rapaz clavou nela 37. As semanas que seguiron, a medida que aprendía a controlar o xenio, clavaba cada vez menos revolgois tras da porta. Descubriu que era máis fácil controlar o xenio que clavalos na porta.
Chegou o día en que pudo controlar o seu carácter ó largo de todo o día. Despóis de informar ó seu pai, éste aconsellouno que retirara un revolgón cada día que lograra controlar o carácter. Os días foron pasando e o rapaz pudo anunciar ó seu pai que xa non quedaba ningún revolgón tras da porta.
Seu pai, todo contento, colleuno da mau e levouno ata a porta e díxolle:
-Traballache de carallo, fillo, mais mira tódolos buracos que hai na porta.... Cada vez que ti perdes a paciencia, deixas cicatrices exactamente como as queves aiquí nos que estamos ó teu carón.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Lun Ago 09, 2010 5:18 pm    Asunto: Responder citando

MANOLO era un rapaz con moitísima imaginación. Súa mai chamábase Remedios e seu pai Eduardo..
Como faltaban poucos días para ser o seu cumpleanos, preguntáronlle que ía querer de regalo.
O rapaz quedou pensando, pensando...... e non o decidía. Ata que chegou o día señalado e collérono un por cada mau e levárono a ver xoguetes, mais Manolo non vía nada que lle enchera os ollos. Foron a tódalas as xogueterías, a tódalas librerías a ver contos, a ver escaparates .... e nada.
De pronto, cando ian camiñando por unha rúa, Manolo deu un salto e dixo:
-Xa sei o que quero de regalo... -e empezou a correr hacia unha ferretería.
Entraron nela e viron todo tipo de materiais de construcción, cañerías, canaletas de hojalata, farramentas de todo tipo, carretillos, cadeas, cordas e mil tesouros máis.
Manolo fixou os seus ollos nun bidón amarelo de plástico de vinte litros que tiña unha tapa verde. Era un bidón de plástico groso, resistente, durable. Fantástico.
Os pais non podían imaxinar para que le ía servir a Manolo o bidón.
Cando chegaron a súa casa, o rapaz transformou o bidón nunha obra de arte pegándolle tickets e recortes de publicidade. Dispóis, con dous palitroques estuvo a tocar a batería ó son de endemoniados ritmos. Pola tarde usouno de taburete para xogares a play. Para o outro día encheuno ata a mitade de area, amarroulle un cordel que pasou por unha barra de aceiro do garaxe e púxose fortalecer os músculos tirando pola corda e subindo e baixando dende o suelo ó teito. Outro día encheu o bidón con agua, colgouno no patio e duchouse cuel...
Os seus amigos convidárono a xogar cueles na praza coa condición de que levara ata alí o seu maravilloso bidón.
Ata chegou a meteres unha linterna encendida dentro del e tuvo toda a noite un enorme sol amarelo para él solo, soñando que estaba nunha enorme praia vendo como amanecía...
Para que vexades que as veces é ben doado ser feliz. A cuestión é saber valorar as cousas pequerrechas.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Vie Sep 10, 2010 1:50 pm    Asunto: Responder citando

Había unha vez un pardal pequerrechiño que, cando retumbaba ó trono da tormenta, tumbábase no chan e levantaba as súas patiñas hacia o ceo.
- ¿por qué fas iso?- pregúntalle unha raposa que o atopou un día por cuasualidade nesa postura.
-para protexeres á terra que contén moitísimos seres vivos - contéstalle ó pardal todo apurado.- si por desgracia, o ceo caese de repente, ¿daste conta do que pasaría? Por iso levanto as miñas patiñas, para sostelo.
-¿coas túas patiñas coma fideos pretendes soster ó ceo? - preguntoulle a raposa con cara de burlatera, medio rindo.
-Aiquí abaixo, cada un ten o seu ceo, idiota- dixo o pardal- sácacheme didiante, repunante. Nin que visises mil anos podrías entendelo. Vaite daiquí e non des a murga.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Lun Sep 20, 2010 5:17 pm    Asunto: Responder citando

Había unha vez un can tragaldabas que sempre estaba a buscar entre os lixos e desperdicios que achaba a ver si atopaba algo que mornear.
Tamén rondaba polos mercados e as casas de comidas, meneando o seu rabo e ladrando a xente para que lle tirara algún óso ou algún mendrugo de pan. Dáballe igual que fose de trigo ou centeu.
Non solía conseguires gran cousa dese xeito, mais un día atopouse cun fermoso pedazo de carne, grande e xugoso.
Ó primeiro non deu crédito os seus ollos, pensou que se trataba de unha alucinación pola fame que arrastraba.....¿quén podería abandonar aquel maravilloso trozo de carne?
Sin demora, abalanzouse sobre tal suculento manxar, colleuno entre os dentes, notando que era real, que non estaba a soñar e que era verdade co tiña na boca e, temendo que alguén llo quitara, marchou correndo en busca de algún sitio onde comelo sin seres molestado.
Ó pasar xunto a un estanque, mirou de reollo hacia a agua e cual non sería o seu asombro ó ver na superficie, coma flotando os poucos centímetros de profundidade, outro trozo de carne tan boa ou máis ca súa. Non era posible que no mismo día tuvera tanta suerte.
O can quedou moi quieto, como hinoptizado, mirando fíxamente pra augua, e canto máis miraba máis se convencía que o outro pedazo era mellor co del, máis grande e máis xugoso. Creeu ver tamén a outro can coa tallada na boca. Coma el.
Estuvo a cavilar un gran pedazo, dicíndose a sí mismo que tiña que ser astuto non sea que quedase sin ningún dos trozos... Cando lle pareceu foi acercando pouco a pouco o fociño a agua, e cando estuvo a poucos centrímetros da superficie non pudo aguantar máis e abriu a boca pra agarrar o outro trozo de carne, caéndoselle o del, desaparecendo a gran velocidade nas profundidades do estanque.
-Carallo....¡¡¡¡- E así quedou coa boca aberta sin poder creer o que lle acababa de pasar- ¿pra qué coño eu abriría a boca si o cacho que eu tiña era ben bó?
AMIGOS, MAIS VALE PAXARO EN MAU QUE CENTO VOANDO.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mie Sep 29, 2010 1:02 pm    Asunto: Responder citando

SONDEAR Ó PERSONAL PRA VER SI TE SIGUEN

Unha vintena de xóvenes estudiantes recibían formación do profesor, na clase de Atención Educativa, sendo o obxetivo que entenderan a necesidade de traballar en grupos.
Mentras o profesor se esmeraba en expor un exemplo gráfico, os alumnos mirábanlle fixamente pra súa boca:
-Había dous burros atados polo rabo que estaban famentos. O granxeiro púxolles dous grandes caldeiros de cebada nos dous extremos da corte, concidindo que cada un dos burros miraba a distintos caldeiros. Cada burro quería comer do caldeiro que tiña ó xeito, e o intentar acercarse a él, tiráballe do rabo ó seu compañeiro, co consiguiente distanciamento da súa cebada...
Os alumnos seguían, sin pestañear, a explicación do profesor...
-Dispóis de un bó rato de tirares cada un pro seu lado, cansadiños de tanto estribar e sudando polos catro costados, sentaron a parlamentar, dicidindo entreambolosdous unirse e comer primeiro dun caldeiro e logo o outro, do do seu lado....
-Xa está, acabouse a historia. ¿qué vos pareceu?
Silencio. Os alumnos miraban pra él coma bobos.
Ó cabo dun pedazo, un deles aventura unha mau en alto:
-¿E quén carallo foi o que lles atou o rabo?
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mar Oct 26, 2010 4:54 pm    Asunto: Responder citando

CANDO era mozo, Nicanor traballaba de barqueiro, pasando xente dunha beira do río pra outra.
Un día de tantos, o pasaxeiro resultou seres un mestre de escola, que decidiu facerlle unha proba a Nicanor a ver cánto sabía.
-Dime Nicanor, ¿cántas son oito veces seis?
-Non teño nin idea -respondeu o mozo.
-¿Como escribes "hendecasílabo"?
-Eu nunca escribín esa palabra -dixo Nicanor.
-¿Non aprendiches nada na escola?
-Non -respondeu Nicanor.
-Nese caso, a metade da túa vida está perdida.
Xusto entón comezou unha feroz treboada, a a barca afundiuse.
-Dime, mestre -dixo Nicanor- ¿algunha vez aprendiches a nadar?
-Non -respondeu o mestre.
-Nese caso, a túa vida enteira está perdida
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Vie Nov 26, 2010 2:29 pm    Asunto: Responder citando

O pastor e o raposo

Unha vez era un pastor, e o raposo comíalle as ovellas todas. O pastor xa non sabía como había de facer, así que chamou por el e díxolle:

—Mira, raposo, ti e máis eu non podemos seguir así. Propóñoche un trato.

—¿Que trato é? — preguntou o raposo.

—A ver logo. Eu sei que a ti che gustan máis as pitas que as ovellas, ¿nonsí?

—Home, para que o vou negar... Pero as pitas telas gardadiñas na casa, e as ovellas téñoas máis á man no monte.

—Pois mira. Se ti non me comes máis ovellas, eu tráioche da casa un saco cheo de pitas das máis gordas que teño.

O raposo lambía o fociño moi contento, pensando nas pitas, e dixo:

—¡Trato feito! Pero mira ben que mas vaias traer, porque se non mas traes...

—Non te preocupes, ho, que mañá á primeira hora xa as tes aquí.

O pastor marchou para a casa. Á mañá seguinte encheu un saco de cans e volveu ó monte. O raposo xa o estaba agardando, e preguntoulle ó pastor:

—¿Que? ¿Traes aí o que me prometiches?

—¡Traio, ho! Aquí tes as pitas que che prometín.

E puxo no chan o saco cheo de cans. O raposo achegou o fociño ó saco pra ver si lle cheiraban ben. E dixo:

—Ai, pitas serán,
pero a min cheirar...
¡chéiranme a can!

Pero o raposo tiña gana de velas pitas, e abriu o saco. Entón os cans botaron a correr trás del... ¡e din que o raposo inda está correndo hoxe!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Dom Ene 09, 2011 1:28 am    Asunto: Responder citando

CAE O CEO EN ANACOS

"Debaixo dun castiñeiro
paseando unha galiña
caeu degarado ourizo
e un golpe lle deu na crista,
bota a correr a galiña
e dille de presa ao galo:
-Fuxa, señor galo, fuxa,
que cae o ceo en anacos.
-Quén llo dixo, ña galiña?
-Sentin un na coroniña.
Apreta o galo a correr
e, cô raposo encarando:
-Fuxa, -dille,- señor Pedro,
que cae o ceo en anacos.
- Quén llo dixo, señor galo?
-Dixo a señora galiña.
-Quén llo dixo, ña galiña?
-Sentin un na coroniña.
Bota o raposo a correr
e, atopando o can ao paso:
-Fuxa, -dille,- siñor can,
que cae o ceo en anacos.
-Quém llo dís, señor raposo?
-Díxomo o siñor galo.
-Quén llo dixo, señor galo?
-Dixo a señora galiña.
-Quén llo dixo, ña galiña?
-Sentin un na coroniña.
Bótase o can a correr
e cô lobo tropezando:
-Fuxa, -dille,- señor lobo,
que cae o ceo en anacos."
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Vie Ene 21, 2011 12:08 am    Asunto: Responder citando

O conto dos muíños

Aquí non se coñecían os muíños rastreiros, de auga. Pero os veciños souberon que en Galicia os había, e que moian máis con menos traballo, así que xuntaron o concello e acordaron buscar uns técnicos para que montasen un muíño comunal neste río. Os técnicos galegos montaron o muíño, puxérono a funcionar, cobraron o acordado e marcharon de volta para a súa terra.
Cando acabaron de moer todo o grao do lugar, os veciños caeron na conta de que esqueceran preguntar como se paraba o muíño. De balde, comezou a andar máis de presa, coa roda botando unhas chispas do carallo. Pensaron que era cousa de bruxas ou do demo, que había que chamar ó cura para que botase uns esconxuros antes de que se estragase a maquinaria. O cura botou os seus responsos sen resultado. Cansado de rezar, decidiu intentar outro camiño:
—Xa que nos respectas a miña palabra, respectarás polo menos a miña coroa!
E agachou a cabeza nunha prolongada avenia. A roda do muíño xiraba a tal velocidade que lle varreu coa cabeza coma se fose unha guillotina.
A xente que estaba alí, escapou ás carreiras, asustada. Saltaron por riba da canle do muíño, para fuxir. Entón, unha vella que xa non estaba para moitas carreiras caeu no medio da canle, cortou a auga e parou o muíño. A partir dese momento, cada vez que querían parar o muíño, atrancaban unha vella na canle.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
PERLA



Registrado: 24 Ene 2011
Mensajes: 4

Reputación: 6.4Reputación: 6.4Reputación: 6.4Reputación: 6.4Reputación: 6.4Reputación: 6.4


MensajePublicado: Mar Ene 25, 2011 2:26 am    Asunto: Responder citando

Lástima que me pierdo mucho con el lenguaje, pero lo intento..
Siempre recuerdo que mi papà (Nicolás Rodriguez Alvarez) contaba historias de miedo, de cosas que sucedían en el pueblo según decía. Siempre se ponía a contarlas cuando se cortaba la luz por alguna tormenta, y encendia las velas, y lo contaba con tanto detalle que parecía que lo estuviera viviendo. Eso, si, luego, no había nadie que lograra que me fuera a dormir sola jejejeje.
Sempre eran cosas de lobos y demonios, o apariciones en cementerio o en el camino por la noche, no se si son leyendas típicas que se fueron pasando de generación en generación o inventos de él. Me gustaria recordarlas si alguno sabe algunas de esas historias " para no dormir"

Un saludo! Very Happy
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Sirimiri



Registrado: 05 Ene 2010
Mensajes: 70

Reputación: 258.3
votos: 2


MensajePublicado: Jue Ene 27, 2011 12:32 am    Asunto: Responder citando

Perla. He leído tus mensajes y me alegra a ver la hija de Nicolás y de Jususa (D.E.P.) entre en el foro de Lubián desde un país tan lejano, supongo desde Argentina, los avances de la informática son enormes, en un momento tienes la información en cualquiera parte del Mundo.
Las familias de tus abuelos y los míos a parte de ser vecinos siempre se llevaron muy bien, yo a tus padres aún los recuerdo de solteros, en casa de Nicolás pasaba muchos ratos de pequeño dada la amistad que tenían las dos familias, de hecho mi tio Leopoldo y mi madrina Mercedes eran los padrinos de tú padre.
Seguro que Nicolas te contara muchas historias de lobos, brujas y demonios como dices, puede que alguna de lobos sería realidad, al ser zona ganadera antes había muchos lobos que por cierto, hacían sus buenas carnicerías con el ganado, con las personas nunca llegaron a meterse, todo quedaba en algún susto, a veces al ir de noche por algún camino o monte, trataban de acompañarte y se cruzaban con el fin de ponerte nervioso y si que lo conseguían sobre todo si actuaban en manadas, para colmo le brillaban los ojos cómo luciernágas en la oscuridad, a la vez hacían cierto gruñido qu atemorizaban.
Los labradores se vieron tan agobiados con estos animales, que trataron de hacer el Cortello de los Lobos (trampa que oirías varias veces) además en esos recortes de periódicos te puedes ir informando mas.
Lo de brujas y demonios ahí ya entraba todo tipo de fantasías, fábulas muy valoradas por los niños, cuando no eran de mucho miedo, los mayores tambén gustaba escucharlas, pues te reias y te ries.
Lo de los cuentos que te contaban de pequeño,que daba la impresión que nada mas salir del pueblo te iban a devorar los lobos y las zorras, lo hilvanaban tan bien, que parecían películas de Alfred Hitchcock.
Un abrazo. Piño.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Jue Ene 27, 2011 5:17 pm    Asunto: Responder citando

LENDA DO VELLO E O CAN

Fai xa anos, había un vello que cando ía ó mar, levaba o can canda él ata a praia. O can quedaba mirando para o mar, polo sitio polo que él marchaba ata que o vello voltaba. Un día, non se sabe ben polo que, o vello non voltou e o can quedou mirando para o mar. O cabo dun tempo o can morreu de tristura, e o sobriño do vello enterrouno.

Algún tempo despois o sobriño foi dar un paseo coa moza pola praia e atopouse ó can mirando para o mar, o rapaz chamou por él “Tuno” para ver se era o can do seu tío, cando este virou a cabeza e quedou mirando para él. O sobriño colleu tal medo que marchou para a casa a todo correr e encerrouse na súa habitación ata que morreu ninguén sabe por que.

Aínda hoxe hai quen di que se ve ó can ollando para o mar no aniversario da desaparición do seu dono.

Comentarios y favoritas
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
PERLA



Registrado: 24 Ene 2011
Mensajes: 4

Reputación: 6.4Reputación: 6.4Reputación: 6.4Reputación: 6.4Reputación: 6.4Reputación: 6.4


MensajePublicado: Vie Ene 28, 2011 7:58 pm    Asunto: Re: Responder citando

Sirimiri escribió:
Perla. He leído tus mensajes y me alegra a ver la hija de Nicolás y de Jususa (D.E.P.) entre en el foro de Lubián desde un país tan lejano, supongo desde Argentina, los avances de la informática son enormes, en un momento tienes la información en cualquiera parte del Mundo.
Las familias de tus abuelos y los míos a parte de ser vecinos siempre se llevaron muy bien, yo a tus padres aún los recuerdo de solteros, en casa de Nicolás pasaba muchos ratos de pequeño dada la amistad que tenían las dos familias, de hecho mi tio Leopoldo y mi madrina Mercedes eran los padrinos de tú padre.
Seguro que Nicolas te contara muchas historias de lobos, brujas y demonios como dices, puede que alguna de lobos sería realidad, al ser zona ganadera antes había muchos lobos que por cierto, hacían sus buenas carnicerías con el ganado, con las personas nunca llegaron a meterse, todo quedaba en algún susto, a veces al ir de noche por algún camino o monte, trataban de acompañarte y se cruzaban con el fin de ponerte nervioso y si que lo conseguían sobre todo si actuaban en manadas, para colmo le brillaban los ojos cómo luciernágas en la oscuridad, a la vez hacían cierto gruñido qu atemorizaban.
Los labradores se vieron tan agobiados con estos animales, que trataron de hacer el Cortello de los Lobos (trampa que oirías varias veces) además en esos recortes de periódicos te puedes ir informando mas.
Lo de brujas y demonios ahí ya entraba todo tipo de fantasías, fábulas muy valoradas por los niños, cuando no eran de mucho miedo, los mayores tambén gustaba escucharlas, pues te reias y te ries.
Lo de los cuentos que te contaban de pequeño,que daba la impresión que nada mas salir del pueblo te iban a devorar los lobos y las zorras, lo hilvanaban tan bien, que parecían películas de Alfred Hitchcock.
Un abrazo. Piño.



Gracias Piño, me gusta que se mantengan esas tradiciones e historias y pasen de generaciòn en generaciòn.
Te cuento que hace casi 10 años que estoy viviendo en España, en Granada, intentando lidiar con el andalú, cuando llegue la primera vez, fue gracioso, porque hablan tan rapido y cortan las palabras, y con la "h" aspirada, pensé " wowww, mantienen el arabe todavia!!" jajajjaj tienen un castellano un poco rustico, tenemos que pensar que fue impuesto y asi ha quedado.
Siempre con la ilusión de ir para arriba y visitaros pero entre el trabajo y las circunstancias se me hace muy dificil. Pero siempre con mi corazoncito en mis orígenes zamoranos , aunque me fascine al andalus, cada año me digo, ire para estas vacaciones? Cuando llegué al pueblo ni bien pise España, que me llevó mi primo César (siempre agradecida por su tiempo y su molestia, también Pepin y toda mi familia) lo que mas me impacto fueron las casas, de piedra y con las fechas de construcciòn desde el 1500 !!!! Me apasiona la historia y la arqueologia y esas cosas me emocionan. Alla no tenemos nada, solo el Cabildo y algun monumento o iglesia pero en el norte de Argentina, que fueron las primeras poblaciones colonizadas... Cada tanto entro, y no podia darme de alta, no se si eran los cookies o que, pero siempre le daba vueltas al foro y no lograba entrar.
Asi que andaré un poquito por aqui, tratando de traducir vuestras historias. a ver si de esta manera aprendo un poco el gallego jajaja

un abrazo para todos!!!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
miguelbeneitez
Site Admin


Registrado: 26 Jul 2009
Mensajes: 127

Reputación: 828.7Reputación: 828.7Reputación: 828.7Reputación: 828.7
votos: 1


MensajePublicado: Lun Ene 31, 2011 8:39 pm    Asunto: Responder citando

La esfera, 19/10/1929 (Madrid)


Uploaded with ImageShack.us
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Enviar email
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Jue Feb 03, 2011 11:30 pm    Asunto: Responder citando

Fai anos, nun pequeno pobo cerca de Lubián había unha horta de tres centiáreas. Andrés, o dono, morreu, solteiro e sen fillos, e viñeron a ser os herdeiros dous sobriños do finado, chamados Eleuterio e Ramón.
Os herdeiros repartiron os poucos cartos que deixara o defunto nunha caixa de lata que tiña na naveta da mesa da cociña e partiron en dúas a casa e máis a horta. Fixeron na casa un medianil de ladrillo ca dividía en dúas metades. E, como a casa era de planta baixa e daba a dous camiños, non lles foi difícil facerlle outra entrada, para que cada un puidese servirse directamente dende fora, sen precisar pasar polo cacho do contrario. Na horta fixeron tamén dúas sortes iguais, de metro e medio cada unha, e levantaron unha parede de pedra na marxe.
Mais, por cousas que non ven a conto explicar, Eleuterio e Ramón empezaron a levarse mal. E aínda peor se levaban as súas donas. Unha tarde de inverno a muller de Ramón deulle co sacho na cabeza a Eleuterio e deixouno por morto. Viñeron os veciños e con panos limpos e con auga atalláronlle o sangue e vendáronlle a ferida. Eleuterio volveu en si. Levárono ó médico. E ó cabo de tres meses acabou curando. Pero o feito foi levado ó xulgado. E Ramón tivo que vender catro leiras das mellores para pagarlle ó avogado.
Despois houbo varios preitos máis entre ámbalas dúas familias. Gastaron e gastaron... gastaron cartos en avogados. E cando lle chegou a súa hora foron morrendo. E deixáronlle ós seus fillos en herdanza a xenreira que sempre tiveran entre eles.
Antón, o fillo de Ramón, vivía en Vigo, onde traballaba nunha empresa grande. E con moito traballar e pouco gastar foi xuntando uns aforriños. E cando se sentiu con forzas foi ó seu pobo e falou co señor Manuel, que fora canteiro e que agora traballaba como albanel, e díxolle:
-Quero que me cerre a horta cunha parede de bloques de trinta.
-Pero....
-Non hai pero que valga. Eu págolle o que faga falta, pero quero que me cerre a horta.
-Tes que te poñer de acordo con Luis para poder quitar a parede de pedra e facer a nova parede pola marxe.
-Nin tolo. Fágame a parede por dentro, no meu terreo, deixando a parede de pedra como está. Quero que o "cierre" sexa solo meu.
E así se fixo. E, despois de cerrada, na horta non cabía nada máis que media verza. Pero Antón viuna, sentiu que era súa, e ficou contento.
E o mesmo fixo Luis, o fillo de Eleuterio. Solo que Luis, como estivera emigrado en Holanda e fixera máis cartos, mandou que cerrasen a súa horta con muro de formigón. E na marxe deixou quedar a parede de pedra como estaba e mandou facer un muro de coio e cemento por dentro, no seu terreo, para que o muro fose solo del. O muro era aínda máis groso que o de Antón. E custara moitos máis cartos. Luis mirouno e ficou contento.
E tempo andando veu destinado para aquel pobo un mestre novo, que nacera en Santiago. E chamáballe moito a atención aquel lugar con tantas paredes xuntas. Un día non puido aguantar máis e preguntoulle ós veciños qué era aquelo. Eles explicáronlle que en tempos fora unha pequena horta na que o tío Andrés sementaba fabas. Pero que por mor do minifundio físico e mental e da herdanza das xenreiras acabara converténdose en dúas hortas separadas por tres paredes.
E o mestre botou a tarde enteira pensando na herdanza das xenreiras, no minifundio espiritual, nas hortas de media verza, nos preitos por unha leituga e na Galicia das tres paredes.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Jue Feb 10, 2011 12:15 am    Asunto: Responder citando

Un avogado sai da cidade na que vive e vai de cacería ó campo, tendo a suerte de baixar dun tiro a un pato. A pena é que o pobre animal cai nunha leira cerrada cunha alta parede ben cerrepechadiña, feita de pedra. Xa estaba a encarriscar por ela arriba cando se le arrima un labrego no seu tractor.
-Que está a facer?... non irá a entrar na miña leira..
-Bueno home, o que pasa é que cacein un pato e caiu dentro dela.
-Sintollo moitísimo, mais non pode levalo -dícelle o labrego.
-Como que non?. Sepa vostede que eu sonlle avogado e non é solo que colla o pato, é que me ei quedar coa leira si non me deixa entrar nela a collelo.
-Mire señor, eiquí na aldea solucionamos as cousas doutro xeito -dícelle o labrego todo cheo de razón- aplicamos a regla das tres patadas.
-E cual é esa regla? -dícelle o avogado.
-Pois mire, a cousa é así: eu pateoo en vostede tres veces, vostede pateame en min outras tres, logo eu en vostede... así ata que un dos dous se dé por vencido.
Como o labrego non era novo, o avogado, como estaba en forma, consentiu.
-Está ben, -dice- imos empezar agora mesmo.
O labrego baixou do tractor e sin máis, cos seus zamancos rematados coa ferradura de rigor, espetoulle unha boa patada na rodilla ó avogado; antes de que se doblera xa tiña outra nos ovos, e cando o avogado se retorcía cheu de dor, encaxoulle unha boa patada no cú.
O cabo de cinco largos minutos, o avogado con moitísimo esforzo, levantouse e dixo saboreando a venganza:
-Agora tócame a min¡¡¡
-Non home, non, non se moleste...- dícelle o labrego- non é caso... lévese o seu pato, ríndome.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Jue Mar 24, 2011 12:47 pm    Asunto: Responder citando

Hai moitos anos nunha carballeira moi preto de nos houbo unha pega que fixo o niu nun carballo bastante torto e moi alto.
Despois de chocalos ovos, nacéronlle cinco peguiños. A pega estaba moi contenta e orgullosa da súa niada. Buscaba comida pras súas crías non moi lonxe do niu, pra así telo controlado e que naide se aproximara a molestar ós seus fillos.
Certo día que estaba acomodando as súas crías apareceu un astuto e famento raposo. Ó pasar por debaixo do carballo sentiu un pouco de barullo e mirou pra arriba.
—Mira onde teño comida— dixo pra el—. Pero o carballo é bastante alto, ¿como demo podo facer pra matala fame? ¡Xa sei!
—¡Pega, peguiña! ¡Eh, pega! ¿Non me dás un pego?
—Non darei non, que meus fillos son. —dixo a pega, toda chea de razón.
—¡Enróscate aí meu rabo e tronza este carballo! —dixo o raposo ameazando con cortalo carballo.
Diante de tal ameaza, a pega púxose a cavilar: se non lle dou un fillo é ben capaz de co tronza e... así vai comer a tódolos meus fillos. Así que chea de medo e dor botoulle un pego abaixo. O raposo coa fame que tiña a penas o mascou, casi o tragou enteiro e coas plumas. Mentras a pega quedou chorando a súa perda, o raposo foise todo contento e coa barriga chea.
Para o día seguinte, case que á mesma hora o raposo achegouse á carballeira para volver a comer.
—¡Pega, peguiña! ¡Eh, pega! ¿Non me dás un pego?
—Non darei non, que meus fillos son.
—¡Enróscate aí meu rabo e tronza este carballo!
Chea de medo a pega botoulle outro pego. O raposo que hoxe non traía tanta fame doulle tempo a saborear aquel exquisito bocado e foise todo contento pensando que ó día seguinte xa sabía a onde tiña que acudir pra calmala súa fame.
E así fixo. Chegada a hora de comer o raposo foi cara a carballeira. Chegou ó pé do carballo e...
Así ata que certo día, cando xa só lle quedaban dous filliños, veu a conversa entre o raposo e a pega un pardal que pasaba por alí.
—Oe, non é por nada, pero paréceme que estás a facelo mal.
—¿Como que estou facendo mal? Se non lle boto un fillo corta o carballo e vai comer todos. —Dixo a pega toda apesarada.
—¡Que va, muller! O que lle tes que dicir e que sen serras nin machado non se tronzan os carballos. Xa verás como non é capaz de facelo.
—¿Ti cres? ¿Non me enganarás?
—Non muller, ¿como te vou a enganar? ¿Que gano eu con enganarte?
—Ben, pois así farei. Espero non arrepentirme.
Ó outro día a iso da hora de comer o raposo acudiu á cita todo confiado con apagala fame con outro dos fillos da pega.
—¡Pega, peguiña! ¡Eh, pega! ¿Non me dás un pego?
—Non darei non, que meus fillos son.
—¡Enróscate aí meu rabo e tronza este carballo!
—Sen serras nin machados non se tronzan os carballos.
O raposo diante de tal ousadía enroscou o rabo ó carballo e empezou a facer forza, pero claro, o carballo non caeu. Ameazou e berrou contra a pega, pero non lle serviu de nada e tivo que marchar dalí cabreado e cheo de fame.
A pega quedou toda contenta cos poucos fillos que lle quedaban, pero aprendeu a lección pra non deixarse enganar tan doadamente e quedou eternamente agradecida ó pardal que tan ben a aconsellara.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Lun Abr 25, 2011 11:52 pm    Asunto: Responder citando

Xan nunca sairía da súa remota aldea incomunicada se os estragos da idade nono houbesen impedido. Era feliz, non porque tivese moito, senón porque necesitaba moi poucas cousas: unha petaca con picadura de tabaco, leña pro lume , catro tomates, fariña, algúns chourizos da matanza, legumes, augardente da casa e unhas hogazas de pan que gardaba na artesa liadas nunha sabitela pra que non secaran. Non era un monxe budista nin un trapense.
A Xan aos oitenta e tantos comezaron a fraquearlle as forzas. Marchou a vila buscando a atención dos sobriños que o querían pero non ata o punto de cargares cuel. Xan estaba afeito a deixar o que lle sobraba nos sitios máis escondidos. Non sabía de cuartos de baño. En canto chegou ao piso sentiu ganas. A súa sobriña, atenta, díxolle que pasase ao aseo. Xan, turbado, así o fixo, pechou á porta e soltou o ventre sobre o bidet. Era o choque de civilizacións.
Como os sobriños non tiñan moito tempo do cuidar, levarono ao fogar do pensionista e durante uns meses estivo xogando á brisca con algúns da súa idade, pero aquilo non era o seu.
Xan nunca soubo do valor do diñeiro, pero si que non se podía confundir valor e prezo. As persoas e a natureza estaban antes co diñeiro, que a cobiza era o peor dos pecados mortais.
Asediado polos familiares que o querían herdar antes de morto, saíu unha noite, cando todos durmían, rumbo á aldea. Tardou tres días en chegares e xa ninguén pudo sacalo dalí. Arrendou uns prados a cambio de que lle proporcionasen o que necesitaba pra vivir.
Arrastrando unha perna e a cabeza, Xan regresou á súa rutina, e olveu ser feliz co seu lume, cos seus cigarros de picadura e máis o seu vaso de viño.
Morreu aos noventa e seis anos de idade, porque lle deu a gana. Antes de que a terra caese sobre os seus ósos, tres dos seus sobriños acudiron a recoñecer as propiedades inmobles que legaba.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Mar Jul 12, 2011 6:44 pm    Asunto: Responder citando

Dúas monxas saíran do convento para vender rosquillas. Como unha delas aínda era novicia, a superiora decidiu que fose acompañada por Sor Lóxica, quen tiña sentido abondo como para saír ben de calquera contratempo. Pero fíxoselles noite no medio do camiño e viron que un home as viña seguindo. A novicia preguntou:
—¿Que quererá ese home, Sor Lóxica?
—Por lóxica, ha de querer violarnos.
—¿Que podemos facer? Vainos alcanzar en poucos minutos.
—Loxicamente camiñaremos máis rápido.
Noutra volta do camiño dixo a novicia:
—¡Non funciona!
—Por suposto que non funciona. O home fixo o lóxico: empezou a camiñar rápido tamén.
—¿Entón? ¿Que facemos? Xa case nos alcanza.
—O máis lóxico é que nos separemos. Ti colle ese camiño e eu tomarei estoutro. Non nos pode seguir ás dúas a un tempo.
Entón o home decidiu acelerar o seu paso e seguir a Sor Lóxica. A novicia chegou ó convento e preocupouse porque Sor Lóxica aínda non chegara. Pero non tardou moito en aparecer.
—¡Sor Lóxica! ¡Gracias a Deus que está aquí! Cóntenos, ¿que pasou?
—A única cousa lóxica que podía pasar. O home non puido seguirnos ás dúas e seguiume a min.
—¿Entón? ¿Que pasou? Por favor, cóntenos.
—A única cousa lóxica que podía pasar. Empecei a correr tan rápido como puiden.
—¿E despois?
—Pois que o home tamén empezou a correr tan rápido como puido.
—¿Que máis?
—¿Qué ía pasar? . Alcanzoume.
—¿E que fixo entón?
—A única cousa lóxica que podía facer. Levantei o vestido.
—¡Meu Deus! ¿E que fixo o home?
—Pois el baixou os pantalóns.
—¡Santa María! ¿E que pasou despois?
—¿Que? ¿Non é lóxico? Unha monxa co vestido levantado pode correr máis rápido que un home cos pantalóns nos artellos. ¿Enténdeno?
-- ¡¡¡Masin¡¡¡
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
portospiño



Registrado: 29 Sep 2009
Mensajes: 216

Reputación: 361.2Reputación: 361.2
votos: 5


MensajePublicado: Lun Jul 18, 2011 9:31 pm    Asunto: Responder citando

Mirai que pita teño no meu galiñeiro...¡¡¡
__________________________________

Eu teño unha pita branca,

que se chama Serafina…

Pon ovos de dúas xemas…

¡E logo vaiche a cantina...!

Éche unha pita moderna…

Lévache saia e corsé

ándache moi namorada…

¡Vaiche detrás do Xosé!

¡Miña pitiña querida…!

¡Non te esquezas... de quen ti es...!

Como se entere o teu pai...

Vaiche anoar os dous pes.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Lubian Todas las horas son GMT + 3 Horas
Todas las horas son GMT + 3 Horas
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro


Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear foro | foros de Pueblo y comunidades | Hosting gratis | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo

Para vps hosting especialidado en foros phpbb ssd en Desafiohosting.com