Por ahí ven xa, ben encamiñadiña a noite de San Xoan, a festa da fumaza. Esta faise pra espantar as bruxas e demos e distintas alimañas por riba de todo.
Quéimanse nela tódolos fatucallos vellos que hai na casa, gomas, rodas e brozalladas mezcladas co sabugueiro, que é o árbol por excelencia pra tan esperada celebración. Así, ben mezclalo todo, consiguese facer fumo espeso, cun cheiro moi peculiar que fai que fuxan o máis lonxe posible de todos nos, e durante un tempo andamos la mar de tranquilos sin eles.
E como tódolos anos, éste faremos unha boa festa quentando o corpo coa fogueira e co viño e malo será que non provemos as sardiñas e un bocado de xamón todos xuntos.
Hai moitos ditos sobre esta celebración:
Na noite de San Xoán non te deites ata a mañán.
Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.
No San Xoán as bruxas fuxirán.
Polo San Xoán, as nove co día darán.
O día de San Xoán, é o día máis longo do verán.
Mañanciñas de San Xoán, unhas corren e outras van.
Polo San Xoán, calquera burro gaña o pan.
Quen xexuna polo San Xoán, é tolo ou non ten pan.
Na noite de San Xoán, bebe viño e come pan.
Polo San Xoán a sardiña pinga o pan.
Tamén saltando a fogueiras, pódese sabelo futuro. As mozas que salten ou 'salven' a fogueira un número impar de veces, sin tocalo lume, casarán dentro dun ano. Terán que facela invocación:
"Salto por enriba do lume de San Xoán, para que non me trabe nin cobra nin can".
Ditos que fain referencia as labores agrícolas:
No San Xoán, peras na man.
A auga de San Xoán, tolle o viño e non da pan.
No San Xoán, fouciña na man.
En San Xoán, cardos dan.
Os allos postos no San Xoán, son dentes de can.
Mirai pra que vale o sabugueiro (Sambucus nigra), sabugueiro, bieiteiro, saúco...Os froitos chámanse tamén uvas de bruxa. É bo para as inflamacións, é sudorífico e calma a tos. As propiedades intensifícanse cando San Xoán os bendice (nesta noite). É moi usado para espantalos sapos e serpes.