E foi a festa da Tuiza. Pasou como un tiro de escopeta, rápida como un alustro. ¡¡Tanto tempo esperando a que viñera e logo aiquí nos deixa, sin máis festas á vista e co inverno deseando entrar nas nosas vidas novamente!!. ¿Será posible que as nosas vidas vaian pasando tan rápido como pasou ela?
O que sí teño claro é que cada ano ven máis xente. De siempre recordo que a medida que ía pasando o día, cada vez había menos xente, ata que quedabamos alí catro co gaiteiro. ¿Notesteis vos que este ano, a medida que ía pasando a tarde cada vez había máis xente?
Da gusto ver que cada vez temos mellores festas, máis actividades culturais, máis xuntanzas... Ë admirable o ben organizado que están todos os acontecementos do vrau. Hai que darle a noraboa a todos os que colaboran na organización dos eventos porque realmente so merecen. NORABOA de todo corazón¡¡¡